Bernardo Lecocq Onesy, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1734 e finado en Montevideo o 7 de decembro de 1820, foi un enxeñeiro militar de orixe galega que estivo logo da proclamación de independencia ao servizo das novas autoridades.

Traxectoria Nado na Coruña en 1734, de pai flamengo e mai irlandesa, ingresou no exército. En 1770 estaba en América no vicerreinado da Prata. En 1773 estivo destinado na fronteira da Banda Oriental (actual Uruguai), dirixindo en 1776 as obras de fortificación na cidade de Montevideo e outras obras. Proclamada a independencia, Lecocq ficou na Arxentina, para pasar máis tarde (1812) a Montevideo onde faleceu en 1820.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1734 Categoría:Finados en 1820 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos