Visaranai (en ) é un filme indio de 2015 rodado en lingua támil e dirixido e escrito por Vetrimaaran. Baséase na novela Lock Up de M. Chandrakumar. Está protagonizado por Dinesh, Anandhi, Samuthirakani, Aadukalam Murugadoss, Kishore, Pradheesh Raj e Silambarasan Rathnasamy. O filme rata sobre a vida de dous homes antes e despois de ser lanzados a un escenario kafkianoArquivado en Ghostarchive e : no cal son torturados para que confesen. Vetrimaaran dixo máis tarde que, nas secuencias de malleiras do filme, os actores foron realmente golpeados (o que foi criticado por algúns dos medios estranxeiros e un membro dos Globos de Ouro durante a campaña dos Óscar da película), e todos eles tiveron que someterse a sesións de asesoramento.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Attakathi Dinesh como Pandi Murugadoss como Murugan Samuthirakani como Muthuvel Kishore como K. K. E. Ramdoss como Ramachandran Ajay Ghosh como Vishveshwara Rao Anandhi como Shanthi Silambarasan Rathnasamy como Afzal Pradheesh Raj como Kumar Misha Ghoshal como Sindhu Saravana Subbiah como Saravanan Halwa Vasu Munnar Ramesh como Ramesh Dhaya Senthil como Neethipathi Vettai Muthukumar como Rathnasamy Cheran Raj como Goule Supergood Subramani
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua támil Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Vetrimaaran Categoría:Filmes rodados en Hyderabad Categoría:Filmes ambientados en Andhra Pradesh Categoría:Filmes baseados en feitos reais