Peepli Live (en ) é un filme indio de 2010 escrito e dirixido por Anusha Rizvi, no seu debut como directora, e foi producido por Aamir Khan Productions. O filme é unha sátira que explora o fenómeno dos suicidios de granxeiros na India e a posterior resposta nos medios de comunicación e nos políticos. Está protagonizado por Omkar Das Manikpuri e Naseeruddin Shah, xunto con Raghubir Yadav, Nawazuddin Siddiqui, Shalini Vatsa e Malaika Shenoy.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Omkar Das Manikpuri como Natha Raghubir Yadav como Budhia Malaika Shenoy como Nandita Malik Nawazuddin Siddiqui como Rakesh Naseeruddin Shah como Saleem Kidwai Aamir Bashir como Vivek Vashisht Anoop Trevedi como Thanedar Jugan Ishita Vyas como xornalista Shalini Vatsa como Dhaniya Indira Tiwari como xornalista Avijit Dutt como xefe da canle en inglés Farrukh Jaffar como Amma Vishal O Sharma como Kumar Deepak Sitaram Panchal como Bhai Thakur Sandeep Yadav como cámara de Nandita Malik
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes sobre xornalismo