A escrita azteca ou mexica foi o sistema de escrita da lingua náhuatl usado pola civilización azteca, baseada en silabarios, rebuses, pictogramas e ideogramas da tradición mesoamericana das culturas do centro do actual México nos períodos Epiclásico e do Posclásico mesoamericano. Críase que o seu uso era reservado para as elites, mais os códices topográficos e os catecismos temperáns coloniais, de desciframento recente, eran utilizados por tlacuilos (escribas), macehuallis (campesiños), pochtecas (comerciantes), etc.
Popularmente crese que ningún amoxtli mexica auténtico sobreviviu á conquista, debido a que a maioría dos amoxtlis existentes son reproducións, versións censuradas, modificadas, ou completamente realizadas por autoridades eclesiásticas españolas. Estes documentos xeralmente non presentan un sistema gráfico abstracto como a maioría dos códices prehispánicos senón exhiben ilustracións de estilo europeo medieval. Estes escritos xeralmente exaltan calidades negativas dos reportes coloniais (sacrificio, canibalismo, etc) onde estes documentos conteñen descricións en latín, español ou náhuatl. Porén, tamén o seu contido trata da tecnoloxía, medicina e botánica dos mexicas, aínda que maioritariamente sen descricións ou só en náhuatl.
Tamén existen amoxtlis que polo seu estilo, temas e manufactura suxiren unha elaboración orixinal sen influencia hispana. Estes amoxtlis xeralmente conteñen glifos silábicos e signos ideográficos, acompañados de ilustracións, onde os temas incluídos non coinciden ou inclusive contradín a maioría das crónicas coloniais, reforzando a posibilidade de ser amoxtlis auténticos.
Estudos recentes demostran o uso dun silabario na escrita mexica, semellante á escrita epi-olmeca e parecida á escrita maia o cal permitía a expresión literaria sen a necesidade de ideogramas ou ilustracións, evidencia deste sistema atópase disperso en diversas obras. Outra liña de investigación atopou un sistema con base en ideogramas simplificados, o cal funciona de maneira independente a ilustracións. A evidencia deste sistema atópase nos catecismos testerianos. Antigamente atribuíase a autoría destes documentos ás autoridades eclesiásticas coloniais, con todo esta escrita reflicte calidades culturais exclusivas dos mesoamericanos, e inclusive contén veneracións ocultas a deidades mexicas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Aztecas Categoría:Sistemas de escrita