Kuruthipunal (en ) é un filme indio de 1995 rodado en lingua támil dirixido por P. C. Sreeram, e coproducido e escrito por Kamal Haasan. Está protagonizado por Haasan, Arjun, Nassar, Gautami e Geetha, e é un remake do filme hindi Drohkaal (1994), e conta a historia de dous policías que buscan frear un grupo terrorista. Xunto coa versión támil, rodouse simultaneamente outra versión en telugu titulada Drohi (en ).
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 68ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Kamal Haasan como Adhi Narayanan Arjun como Abbas Nassar como Badri Gouthami como Sumitra Geetha como Zeenath Nizhalgal Ravi como criminal asasinado por Abbas K. Viswanath como Srinivasan Ajay Rathnam como tirador Subhalekha Sudhakar como Soori Sab John como Narasimham Arvind Krishna como Shiva / Dhanush Anusha como Mala
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 68ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua támil Categoría:Filmes en lingua telugu Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por P. C. Sreeram