Alytes é un xénero de anfibios da familia Alytidae (antes Discoglossidae), xeralmente chamados sapos parteiros, que se encontran na maior parte de Europa e noroeste de África.Frost, D.R. «Alytes»]. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.2. (en inglés). Nova York, EEUU: Museo Americano de Historia Natural. Consultado o 14 de abril de 2015. As características destas ras similares a sapos é o seu coidado parental ás crías; os machos portan unha cadea de ovos fertilizados no seu dorso. A femia expele a cadea de ovos, que o macho fertiliza externamente. Despois, o macho enróscaa arredor das súas patas para protexelos dos predadores acuáticos. Cando están listos para facer eclosión, o macho vai a augas pouco profundas, onde libera os cágados que saltan dos seus ovos á auga. Existen cinco especies de Alytes no oeste de Europae, norte de África e na illa de Mallorca. En Galicia vive a especie Alytes obstetricans.

Poden atoparse nas neves dos Pireneos, vivindo a altitudes de 1500–1800 m en áreas como o macizo de Néouvielle. A diferenza da lingua delgada que teñen moitos anfibios, estes sapos teñen unha lingua redonda e aplanada; o nome da familia na que estaban incluídos previamente, Discoglossidae, significa "lingua redonda". En partes de Francia, estes animais viven en dunas de area preto do mar. Comparten o seu hábitat con Epidalea calamita (sapo corriqueiro).

Descrición

Existen cinco especies de sapos parteiros en Europa occidental, norte de África e Mallorca. Son animais tímidos e nocturnos que manifestan a súa presenza pola chamada repenicante que fan. Durante o día agóchanse baixo pedras e troncos ou en túneles, a miúdo en solos secos e areosos, os cales son máis fáciles de escavar usando as patas anteriores e fociños. Saen ao luscofusco para buscar comida, pero sempre volve aos mesmos sitios onde se agochan antes do amencer. Durante o inverno, hibernan nun burato ou tobo que fose abandonado por un animal pequeno.

Alimentación

Saen arredor da área preto do lugar onde se agochan de noite para procurar alimento. Usan o extremo da súa longa e pegañenta lingua para capturar as súas presas, entre as que están escaravellos, grilos, moscas, eirugas, cempés, formigas e milpés. Aliméntanse tamén de materia vexetal. Mastigan cos seus dentes diminutos e córneos. Os sapos novos comen as mesmas presas pero de menor tamaño que os adultos.

Defensas

O dorso do sapo está cuberto de pequena verrugas, as cales soltan un veleno cheirento cando o sapo é manipulado ou atacado. O veleno é tan poderoso que o sapo ten poucos inimigos ou predadores. O veleno tamén axuda a manter a cadea de ovos que están sobre as costas do macho seguros ante ataques. Con todo, o propio sapo non ten veleno polo que poder caer presa de peixes e insectos.

Adaptacións en Mallorca

En Mallorca a especie Alytes muletensis está adaptada a condicións climáticas duras e secas. Só se atopa en canóns profundos das montañas do norte da illa. Ten un corpo aplanado, que lle permite meterse en gretas estreitas entre as rochas do seu hábitat. A única humidade dispoñible son pequenas pozas cheas de auga da chuvia en saíntes rochosos. Nacen e desenvólvense nesas pozas.

Filoxenia En 2004 Martínez-Solano e colaboradores propuxeron a seguinte filoxenia para este xéneroI. Martinez-Solano, H. A. Goncalves, J. W. Arntzen, M. Garcia-Paris: Phylogentic relationships and biogeography of midwife toads (Discoglossidae: Alytes). En: Journal of Biogeography. Nr. 31, 2004, S. 603-618.

Especies

ImaxeNome binomial e autor Nome común Distribución120px Alytes cisternasii Portugal e oeste de España 120px Alytes dickhilleni Sueste de España 120px Alytes maurus Marrocos 120px Alytes muletensis Illa de Mallorca 120px Alytes obstetricans Sapo parteiro común ou sapiño comadrón Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, España (incluída Galicia), Suíza e o Reino Unido

En laboratorios A apoptose (un tipo de morte celular programada) foi observada por primeira vez en cágados de Alytes en 1842 por Carl Vogt.

Notas

Carl Vogt: Untersuchungen über die Entwicklungsgeschichte der Geburtshelferkröte. (Alytes obstetricians), Solothurn: Jent und Gassman, (1842), p. 130. Arthur Koestler, The Case of the Midwife Toad, Londres: Hutchinson, 1971.

Categoría:Anfibios de Galicia Categoría:Anuros