Carme López Fernández, nada en Rubián de Cima, O Incio en 1992, é unha intérprete, docente e musicóloga galega.
Traxectoria Comezou tocando a gaita nunha asociación cultural en Sarria, Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), Título Superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster universitario en interpretación e investigación musical (VIU). Doutorouse na Universidade da Coruña coa tese Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego estudo dun caso representativo (2022), dirixida por Dr/a. Rocío Chao-Fernández.
Ten traballado como mestra en diferentes escolas e asociacións da provincia de Lugo, na Educación Primaria, é docente na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Didácticas Aplicadas, Área de Expresión Musical). Tamén é docente de Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula na Escola Municipal de Vigo de Música, Folk e Tradicional.
No campo da interpretación, formou parte da OFG SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira e Carmela.
No labor de investigación, a súa liña principal diríxese ás músicas de tradición oral e a súa relación coa etnomusicoloxía e a educación, principalmente, vinculándose tanto con ámbitos académicos como divulgativos.Ten publicado artigos en Sinfonías del Cambio: Música y Arte en la Transformación Social, International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades, Congreso EDUCA 2022, CUICIID 2022: congreso Internacional sobre Comunicación, Innovación, Investigación y Docencia.
Discos
Quintela (2024). Obra de música experimental con gaita galega. Son seis temas relacionados co seu pasado, Quintela é a casa dos seus avós. É o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone.
Premios
2024: Premio Martín Códax da Música na categoría de Música clásica e contemporánea.
Notas
Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1992 Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia