Medio dólar do Centenariode Fort Vancouver "½ Dollar Fort Vancouver Centennial". Numista.com"Fort Vancouver Centennial Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov).Bowers, Q. D. (1991). Páxina 185.150x150px150x150pxA/: Busto cara á esquerda de John McLoughlin, fundador de Fort Vancouver.. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / 1825 1925 / IN GOD WE TRUST / DR · JOHN McLOUGHLIN / HALF DOLLAR.R/: Un pioneiro sostendo un mosquete, co forte e o monte Hood ao fondo. Lendas: FORT VANCOUVER CENTENNIAL / VANCOUVER WASHINGTON FOUNDED 1825 BY / HUDSON'S BAY COMPANYั Data: 1925. Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco (sen marca). Gravador: Laura Gardin Fraser. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 14.994 exemplares. Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar conmemorativo do Centenario de Fort Vancouver é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1925 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de San Francisco, en conmemoración do centenario da fundación de Fort Vancouver pola Hudson's Bay Company, en Vancouver, estado de Washington.
Antecedentes Fort Vancouver, na beira norte do río Columbia, no que hoxe é Vancouver, no estado de Washington, achábase ao outro lado do río do que máis tarde sería Portland, Oregón. Foi fundado en 1825 polo principal impulsor da Hudson's Bay Company naquela zona, o doutor John McLoughlin. A compañía procuraba peles e outros produtos comerciais, e competía coa Pacific Fur Company de John Jacob Astor, que tiña un posto avanzado no que hoxe é Astoria, Oregón. Fort Vancouver debe o seu nome ao capitán de navío británico George Vancouver,Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 71. que tamén lle deu o seu nome a Vancouver, no Canadá.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 182."Fort Vancouver. National Historic Site. OR, WA". National Park Service (NPS.gov). miniatura|330x330px|Fort Vancouver en 1841. Ata que o Tratado de Oregón de 1846 acabou coas disputas entre os Estados Unidos e Gran Bretaña, o propio McLoughlin foi o único Goberno que houbo en Oregón. A súa palabra era obedecida tanto polos homes brancos como polos nativos americanos, e non se produciron conflitos significativos naquela época.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 239. Fort Vancouver converteuse no centro do comercio dunha zona moi ampla, e no maior asentamento ao oeste das Grandes Chairas. Coa chegada do dominio estadounidense en 1846, McLoughlin dimitiu do seu posto na Hudson's Bay Company e trasladouse a vivir a Oregon City, unha cidade que el mesmo fundara, e converteuse no seu alcalde en 1851, dous anos despois de adquirir a cidadanía estadounidense. McLoughlin finou en 1857, e un século despois, a Asemblea Lexislativa de Oregón nomeouno Fundador de Oregón. Fort Vancouver está declarado como un "lugar histórico nacional".Flynn, K. (2008). Páxina 183.
En 1925, co gallo da celebración do centenario do establecemento de Fort Vancouver, a Fort Vancouver Centennial Corporation tivo a idea de solicitar a autorización para a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride, cuxa comercialización lle proporcionaría beneficios cos que axudar a financiar os actos do centenario.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 182. Esta era unha práctica habitual, xa que naquela época o Goberno estadounidense non comercializaba as moedas conmemorativas, senón que o Congreso, ao autorizar cada emisión, adoitaba designar unha organización específica autorizada para as comprar na Casa da Moeda ao seu valor nominal e vendelas logo ao público cunha prima, como un modo de poder financiar causas altruístas.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vii.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
Proceso lexislativo miniatura|234x234px|O congresista por Washington Albert Johnson, introduciu na Cámara de Representantes o proxecto de lei para a creación da moeda."Johnson, Albert. Honorable". Library of the Congress (LOC.gov). Neste contexto, a Fort Vancouver Centennial Corporation convenceu o representante Albert Johnson, do estado de Washington, para que presentase un proxecto de lei na Cámara de Representantes no que se solicitase a creación da moeda conmemorativa.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 239-240. En maio de 1924, Johnson e o senador Wesley Jones, tamén do estado de Washington, presentaron proxectos de lei nas súas respectivas cámaras para a emisión do medio dólar conmemorativo do centenario de Fort Vancouver. Os proxectos de lei non foron sometidos a audiencia. Con todo, o representante de Indiana Albert Vestal, presidente da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes, reuniuse con Johnson e fíxolle ver a conveniencia de que presentase un proxecto de lei para solicitar unha medalla, no canto dunha moeda, baixo o argumento de que o Departamento do Tesouro se estaba a opor á emisión de máis moedas conmemorativas, tendo en conta que estas, ao entraren en circulación, creaban confusión entre a poboación.Cogressional Record - House. 16 de febreiro de 1925. Páxina 3.879. Así as cousas, o 3 de febreiro de 1925, Jones presentou un proxecto de lei para unha medalla conmemorativa, e o día 12, Johnson fixo o mesmo."Bills Introduced". Cogressional Record - Senate. 12 de febreiro de 1925. Páxina 3.537. miniatura|260x260px|O senador Frank L. Greene, defensor do proxecto de lei no Senado."Greene, Frank L. Honorable". Library of the Congress (LOC.gov). O senador principal de Vermont, Frank Greene, xa presentara anteriormente un proxecto de lei para a cuñaxe de medio dólar conmemorativo do Sesquicentenario de Vermont, que fora aprobado polo Senado."Anniversary of Battle of Bennington and Independence of Vermont". Cogressional Record - Senate. 24 de xaneiro de 1925. Páxina 2.403."Bills Introduced". Cogressional Record - Senate. 9 de xaneiro de 1925. Páxina 1.503. Cando o proxecto de lei da moeda de Vancouver chegou á Cámara de Representantes o 16 de febreiro, o representante de California, John E. Raker, propuxo unha emenda para a cuñaxe tamén dun medio dólar do Xubileu de Diamante (o 75º aniversario) de California."Coinage of 50-cent piecesfor Anniversary of Battle of Bennington". Cogressional Record - House. 16 de febreiro de 1925. Páxina 3.878. Vestal pediu amosou a súa oposición á emenda e afirmou que a comisión que el presidía, logo de recomendar o proxecto de Vermont, tomara a decisión de non promover máis proxectos de lei sobre cuñaxe de moedas conmemorativas, e engadiu que, por tal motivo, Johnson accedera a retirar o seu proxecto. O líder da minoría, o congresista demócrata Finis J. Garrett, de Tennessee, preguntou por que a comisión non establecera a norma antes de considerar o proxecto de Vermont, e Vestal admitiu que a resposta a esa cuestión era realmente difícil. Así as cousas, a Cámara de Representantes votou, engadiuse a emenda, e o proxecto de lei resultou aprobado.
Logo de se resolver algúns problemas formais, a Cámara de Representantes viuse obrigada a votar outra vez o proxecto, que foi aprobado novamente,"Coinage of 50-cent pieces for Anniversary of Battle of Bennington". Cogressional Record - House. 16 de febreiro de 1925. Páxinas 3.882-3.883. e seguidamente foi enviado ao Senado."Coinage of 50-cent pieces for Anniversary of Battle of Bennington". Cogressional Record - Senate. 17 de febreiro de 1925. Páxina 3.920. Charles Curtis, de Kansas, propuxo en nome do senador Greene que o Senado aceptase as emendas da Cámara de Representantes,"One hundred and fiftieth anniversary of Battle of Bennington and Independence of Vermont". Cogressional Record - House. 17 de febreiro de 1925. Páxina 3.930. e aínda que o secretario do Tesouro Andrew W. Mellon, instou o presidente Calvin Coolidge a vetalo, o proxecto, que autorizaba tamén outras dúas moedas conmemorativas, foi promulgado coa sinatura do presidente o 24 de febreiro de 1925."Vermont, California, Fort Vancouver Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).Swiatek, A. (2012). Páxina 207.
Preparación miniatura|258x258px|A artista Laura Gardin Fraser gravou tanto o anverso como o reverso da moeda. Logo da aprobación da moeda por parte do Congreso, a Centennial Corporation presentou uns modelos de xeso presentados polo artista de Portland Sidney Bell, cuxas iniciais (SB) figuraban no anverso. Estes modelos enviáronselle á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, encargada por orde executiva do presidente Warren G. Harding en 1921 de emitir ditames consultivos sobre as obras de arte pública, incluídas as moedas. Estes modelos amosaban a McLoughlin no anverso e o valado exterior do forte, co monte Hood de fondo, no reverso. Mais o 22 de maio, a Comisión de Belas Artes rexeitou os modelos, que malia cualificalos como "interesantes", argumentou tamén que cumpriría un medallista con experiencia. A propia comisión recomendou a Chester Beach —un experimentado gravador autor das moedas conmemorativas do centenario da Doutrina Monroe (1923) e do Sesquicentenario de Lexington-Concord (1925)—, mais cando se intentou contratalo, este estaba de viaxe. No canto del, a Centennial Corporation decantouse pola que era a segunda opción da Comisión, a artista Laura Gardin Fraser, igualmente unha experimentada deseñadora de moedas conmemorativas, autora do medio dólar do centenario de Alabama (1921) e do dólar de ouro Grant Memorial (1921).Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi, 107, 110.
Como a Centennial Corporation decidira os elementos de deseño que desexaba reproducir na moeda de medio dólar, Fraser tivo que facer a súa propia interpretación dos deseños que anteriormente ensaiara Sidney Bell. Fraser foi contratada o 15 de xuño, e culminou os seus modelos o 1 de xullo. O membro da Comisión de Belas Artes Louis Ayres revisou os modelos e, entusiasmado, envioulle unha carta ao presidente da comisión Charles Moore, na que escribiu: "toda a moeda me parece moi interesante e moi boa". Os modelos foron aprobados pola comisión e, posteriormente, polo secretario do Tesouro Mellon.Taxay, D. (1967). Páxina 110.
As matrices e os cuños foron preparados na Ceca de Filadelfia e enviáronse á Ceca de San Francisco, onde se cuñarían as moedas.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 240.miniatura|267x267px|John McLoughlin, cuxo busto se reproduce no anverso da moeda, nun daguerrotipo de 1857. Deseño
Anverso O anverso amosa un retrato de McLoughlin, ollando cara á esquerda. Sobre el, o nome do país, UNITED STATES OF AMERICA, e no exergo o valor facial: HALF DOLLAR, coas datas do centenario, "1825 1925" e o habitual lema nacional IN GOD WE TRUST flanqueando o seu busto. Fraser carecía de retratos de McLoughlin cos que traballar, e non está claro en que se baseou para o retratar. A artista concibiuno como un home maior dos 41 anos que tiña no momento da fundación de Fort Vancouver.
Reverso miniatura|268x268px|A pioneira Calamity Jane, nunha imaxe similar á reproducida no reverso da moeda."Calamity Jane, Gen. Crook's scout, no. 2". Library of the Congress (LOC.gov). Pola súa banda, o reverso reproduce a imaxe dun home pioneiro armado, vestido con peles, co valado exterior de Fort Vancouver ás súas costas e o monte Hood ao lonxe. A inscrición, que se amosa fragmentada, é FORT VANCOUVER CENTENNIAL VANCOUVER WASHINGTON FOUNDED 1825 BY HUDSON'S BAY COMPANY".
Os numismáticos debateron se a ausencia dunha marca de ceca foi intencionada, xa que se trata da única moeda conmemorativa cuñada en San Francisco que carece dela. Pola súa banda, as iniciais da artista, LGF, figuran na parte inferior dereita do reverso, ao outro lado do círculo da data, 1825.
Valoracións críticas Os investigadores numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen, no seu libro de 1988 sobre moedas conmemorativas estadounidenses, describen o deseño de Fraser como "mellor que calquera cousa que [Chester] Beach puidese ter ideado".