Marlina, Si Pembunuh dalam Empat Babak é un filme indonesio de 2017 dirixido por Mouly Surya. Baséase nunha historia concibida por Garin Nugroho e o guión foi escrito por Surya e Rama Adi. O estilo "wéstern", o seu ton feminista e a ambientación na Indonesia rural levaron a que fose acuñado o termo "satay Western" despois da súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017.

Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Marsha Timothy como Marlina Dea Panendra como Novi Egi Fedly como Markus Yoga Pratama como Frans Indra Birowo como Umbu Yayu Unru como Raja Tumpal Tampubolon como o marido finado de Marlina

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre violación e vinganza