Alain Connes (), nado en Draguignan o 1 de abril de 1947, é un matemático francés, coñecido polas súas contribucións ao estudo da álxebra de operadores e da xeometría non conmutativa. É profesor no , , Universidade Estatal de Ohio e Universidade de Vanderbilt. Recibiu a Medalla Fields en 1982.
Carreira Alain Connes asistiu ao instituto no Lycée Saint-Charles en Marsella, e foi alumno das clases preparatorias das grandes escolas no Lycée Thiers. Entre 1966 e 1970 estudou na École normale supérieure de París, e en 1973 obtivo o doutoramento na Universidade Pierre e Marie Curie, baixo a supervisión de Jacques Dixmier. De 1970 a 1974 foi investigador no Centro Nacional Francés de Investigación Científica e durante 1975 ocupou un posto de visitante na Queen's University de Kingston no Canadá.
En 1976 regresou a Francia e traballou como profesor na Universidade Pierre e Marie Curie ata 1980 e no CNRS entre 1981 e 1984. Ademais, desde 1979 ocupa a Cátedra Léon Motchane do IHES. Desde 1984 ata a súa xubilación en 2017 ocupou a cátedra de Análise e Xeometría no Collège de France. Paralelamente, recibiu unha cátedra distinguida na Universidade de Vanderbilt entre 2003 e 2012, e na Universidade Estatal de Ohio entre 2012 e 2021.
En 2000 foi profesor invitado no Conservatoire national des arts et métiers. Alain Connes, « Géométrie non-commutative », Université de tous les savoirs, 4, 175–190, Editions Odile Jacob, 2001.
Investigación Os principais intereses de investigación de Connes xiran arredor das álxebras de operadores. Alén da xeometría non conmutativa, aplicou os seus traballos en varias áreas das matemáticas e da física teórica, incluíndo a teoría de números, a xeometría diferencial e a física de partículas. Desde a década de 1990, foi un defensor do Modelo Estándar espectral, que dá un comportamento cuántico a posicións no espazo-tempo, evitando algúns dos problemas da gravidade cuántica.
Nos seus primeiros traballos sobre álxebras de von Neumann na década de 1970, logrou obter a clasificación case completa dos factores inxectivos. Tamén formulou o problema do mergullo de Connes.
Despois diso, fixo contribucións na K-teoría e no teorema_do_índice_de_Atiyah-Singer, que culminaron na conxectura de Baum-Connes. Tamén introduciu a cohomoloxía cíclica a principios da década de 1980 como primeiro paso no estudo da xeometría diferencial non conmutativa.
Foi membro do grupo Nicolas Bourbaki.
Premios e honras Connes recibiu o Premio Peccot-Vimont en 1976, o Premio Ampère en 1980, a Medalla Fields en 1982, o Premio de Investigación Clay en 2000 e o Premio Crafoord en 2001. O Centre national de la recherche scientifique (CNRS) concedeulle a medalla de prata no 1977 e a medalla de ouro no 2004.
Foi un orador invitado no Congreso internacional de matemáticos no 1974 en Vancouver e mais en 1986 en Berkeley, e un orador plenario no ICM en 1978 en Helsinqui.
Desde 1982 é membro da Academia de Ciencias de Francia. Foi membro electo de varias academias e sociedades estranxeiras, entre elas a Real Academia Danesa de Ciencias e Letras en 1980, a Norwegian Academy of Science and Letters en 1983, a American Academy of Arts and Sciences en 1989, a London Mathematical Society en 1994, a Academia Canadense de Ciencias en 1995 (incorporada desde 2002 na Royal Society of Canada), a US National Academy of Sciences en 1997, a Academia das ciencias de Rusia en 2003 e a Royal Academy of Science, Letters and Fine Arts of Belgium en 2016.
No 2001 recibiu (xunto cos seus coautores André Lichnerowicz e Marco Schutzenberger) o Premio Peano pola súa obra Triangle of Thoughts.
Libros
Alain Connes e Matilde Marcolli, Noncommutative Geometry, Quantum Fields and Motives, Colloquium Publications, American Mathematical Society, 2007, Alain Connes, André Lichnerowicz e Marcel-Paul Schutzenberger, Triangle of Thought, traducido por Jennifer Gage, American Mathematical Society, 2001, Jean-Pierre Changeux e Alain Connes, Conversations on Mind, Matter, and Mathematics, traducido por MB DeBevoise, Princeton University Press, 1998, Jean-Pierre Changeux e Alain Connes, Conversations on Mind, Matter, and Mathematics, translated by M. B. DeBevoise, Princeton University Press, 1998, Alain Connes, Noncommutative Geometry, Academic Press, 1994,
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Homoloxía cíclica Sistema Bost-Connes K-Teoría Ligazóns externas Alain Connes Official Web Site contén artigos para baixar, e o seu libro Non-commutative geometry, .
Alain Connes' Standard Model Unha entrevista con Alain Connes e uns comentarios sobre ela
Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Medalla Fields Categoría:Nados en 1947