Guillermo Poyán Caamaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1916 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1982, foi un empresario, político e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Serafín Poyán Poyán e Elvira Caamaño López. Foi correspondente da revista RAIG en Vilagarcía de Arousa.El Pueblo Gallego, 5-6-1935, p. 9, 11. Ingresou en Falange en marzo de 1934, e foi detido en xaneiro de 1936 polo artigo "Acotaciones de un oyente que no es Wenceslao Fernández Flórez" aparecido en Galicia Nueva o 5 de decembro de 1935.El Ideal Gallego, 12-1-1936, p. 5. Volveu ser detido en abril de 1936 por orde do gobernador civil xunto con outros falanxistas de Vilagarcía.El Pueblo Gallego, 18-4-1936, p. 6. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez, destinado no Batallón de Cazadores de Melilla nº 3. Despois foi destinado ao Exército do Sur o 7 de xullo de 1938. Ao rematar a guerra foi nomeado concelleiro de Vilagarcía, cargo do que dimitiu en abril de 1940,El Pueblo Gallego 16-4-1940, p. 3. e delegado local de Vilagarcía do Servicio de Propaganda de FET y de las JONS.El Pueblo Gallego , 12-3-1940, p. 3. Dirixiu a revista 17 de Marzo (1941-1943). En xuño de 1945 ingresou no Instituto Social da Mariña.El Correo Gallego, 13-6-1945, p. 2. Colaborou en Imperio (Zamora) e El Pueblo Gallego.El Pueblo Gallego, 17-3-1976, p. 2.
Recoñecementos Ángulo Rojo, 1943.El Adelanto, 1-10-1943, p. 5. Aspa de Plata e Aspa Roja con barra de oro.El Ideal Gallego, 15-8-1946, p. 7.
Vida persoal
Casou en Zamora con Consuelo Vicente Llorente en xuño de 1959.Imperio, 7-6-1959, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Vilagarcía de Arousa durante la II República
Categoría:Falanxistas
Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1982