Nagabonar é un filme indonesio de 1987 dirixido por M.T. Risyaf. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 60ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En 2007, estreouse unha secuela titulada Nagabonar Jadi 2.

Sinopse Naga Bonar é un carteirista. Durante a retirada das forzas de ocupación xaponesas de Indonesia en 1945 declárase xeneral das Forzas de Liberación. Porén, o seu engano convértese no seu verdadeiro eu, facéndose un verdadeiro soldado e patriota.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes rodados en Indonesia