Underwater é un filme estadounidense de 2020 dirixido por William Eubank. Está protagonizado por Kristen Stewart, Vincent Cassel, Jessica Henwick, John Gallagher Jr., Mamoudou Athie e T.J. Miller. Underwater conta a historia dun grupo de traballadores nunha instalación de perforación no fondo do océano que se atopan con criaturas hostís despois de que un terremoto destrúa a instalación. O filme estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 10 de xaneiro de 2020 a través de 20th Century Fox; foi a última película baixo o nome de Fox antes do cambio de marca do estudo como 20th Century Studios o 17 de xaneiro. Recibiu valoracións mixtas da críticos e foi un fracaso de recadación, conseguindo 40 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de produción de 50-65 millóns de dólares.
Personaxes Kristen Stewart como Norah Price Vincent Cassel como Capitán Lucien Jessica Henwick como Emily Haversham John Gallagher Jr. como Liam Smith Mamoudou Athie como Rodrigo Nagenda T.J. Miller como Paul Abel
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Eubank Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 2050