, nado o 17 de marzo de 1756 e finado o 23 de outubro de 1833, foi un erudito do movemento Kokugaku, sucesor de Motoori Norinaga como líder da súa escola. O seu pseudónimo era Fuji no Kakitsu (藤 垣内).
Traxectoria Ōhira naceu en Matsuzaka, na provincia de Ise (actual prefectura de Mie). Foi o fillo de Inagake Munetaka, un mercador e discípulo de Motoori Norinaga. Ōhira entrou tamén na escola de Norinaga aos 13 anos, e foi adoptado por este aos 44. O autor herdou a casa familiar dos Norinaga ao finar este, xa que o primoxénito, Motoori Haruniwa, estaba cego. En 1802, Ōhira recibiu orde de traballar no dominio de Wakayama, do que Norinaga fora servo. Xa que logo, a escola escindiuse co traslado de Ōhira en 1809: unha das pólas, dirixida por Haruniwa, quedou aveciñada en Matsuzaka, e a outra, a de Ōhira, estableceuse en Wakayama.
Ōhira foi unha persoa amable, polo que gañou a confianza do seu señor, ao que ensinou a literatura clásica xaponesa. Editou o Ise zoku fudoki 伊勢続風土記, unha obra de corografía sobre a provincia de Ise. Chegou a ter uns 1 000 discípulos.
Obra O pensamento de Ōhira seguiu con fidelidade ao do seu mestre Norinaga. Na liña do Kokugaku, criticou os supostos efectos nocivos da introdución do budismo e das correntes intelectuais chinesas no Xapón. Por exemplo, considerou a adoración pola figura de Buda unha falta de respecto ao Emperador e aos kami, e puxo en cuestión os costumes funerarios budistas. Tamén citou ao confucianismo como unha influencia negativa.
Publicacións Kogaku no kaname 古学要 ("Fundamentos dos estudos clásicos") Tamahoko hyakushukai 玉鉾百首解 ("Explicación de 100 poemas do tamahoko") Kagurauta shinshaku 神楽歌新釈 ("Unha nova interpretación das cancións kagurata") Yasoura no Tama 八十浦之玉 ("A xoia de oitenta ura") Inabashū 稲葉集 ("Escolma de Inaba")
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Finados en 1833 Categoría:Nados en 1756 Categoría:Escritores en lingua xaponesa