miniatura| Moeda que representa ao emperador Diocleciano, de perfil, e que leva as palabras . Unha diocese (en latín: ou ,A palabra latina provén do grego antigo, / , co significado de administración ou goberno. palabra feminina) é unha subdivisión xeográfica do territorio do Imperio Romano. No seu sentido máis coñecido, é unha subdivisión do Imperio Romano específica da Antigüidade Tardía, que reunía varias provincias romanas baixo a autoridade dun vicarius (vigairo).

O sistema de dioceses foi establecido polo emperador Diocleciano, como parte das reformas administrativas da Tetrarquíamais foi Constantino I quen engadiu por riba das dioceses, as prefecturas pretorianas, que reunían varias dioceses polo que os vigairos pasaron a ser subordinados dos prefectos do pretorio.

Outra acepción, moito menos usada, é “diocese", como unha subdivisión xudicial dunha provincia romana, equivalente ao conventus iuridicus. Este artigo tratará principalmente do primeiro significado, relegando o segundo ao final.

Tampouco debe ser confundida coa circunscrición eclesiástica, tamén chamada diocese e que está a cargo dun bispo. Para distinguilas, ás veces, a diocese romana é denominada diocese civil.

Antes de Diocleciano: un Imperio dividido en provincias de distintos tipos miniatura|O primeiro emperador Augusto (aquí vestido de pontifex maximus) foi o creador da organización administrativa que se mantivo en vigor até, pouco máis ou menos, o 285.alt=Carte de l'Empire romain en l'an 120, montrant son découpage en provinces, avec le nom de celles-ci.|miniatura| Mapa do Imperio no 120.

Desde o 27 a.C., o Imperio Romano dividiuse en provincias (latín: , en plural) denominadas “imperiais" e "senatoriais». As excepcións desta división eran Italia, administrada por separado, e Exipto, que dependía directamente do emperador e que delegaba o seu control nun cabaleiro, o prefecto de Exipto, denominado (prefecto de Augusto). Os senadores ocupan a maioría dos cargos no sistema augusteo, tanto militares como administrativos, seguindo a tradición romana «que quería que un home ben nacido fose capaz de ser maxistrado, xeneral e administrador durante a súa carreira».

As provincias imperiais dereita|miniatura|Mapa do Imperio a mediados do século II: - Vermello: provincias imperiais - Rosa: provincias senatoriais As provincias imperiais eran, normalmente, as fronteirizas, como Germania Inferior ou Noricum, e alí as tropas permanecían estacionadas controlando o territorio e estaban baixo a autoridade directa do emperador, que ostentaba o imperium proconsular. No entanto, como estaba en Roma, adoitaba delegar a súa autoridade:

nun legado de Augusto propretor () de rango senatorial -antigo cónsul para as grandes provincias, antigo pretor para as medianas-, a quen adoitaba nomear por un período de tres a cinco anos, e que estaba asistido para asuntos financeiros por un procurador de rango ecuestre e por un legado da lexión (), de rango senatorial, para comanda-las lexións estacionadas na provincia. nun procurador-gobernador () de rango ecuestre, que mandaba as tropas auxiliares, naquelas «pobres, montañosas e pouco romanizadas", como a Mauritania Tingitana.

As provincias senatoriais As provincias chamadas "senatoriais » eran oficialmente "do pobo romano". Estaban baixo a autoridade do Senado, que organizaba o seu goberno mediante o nomeamento dun procónsul, mediante sorteo, que percibía un soldoEsta circunstancia, lembra Paul Petit, diferénciaos e sepáraos dos maxistrados tradicionais que se supoñía que eran. e cuxo mandato duraba un ano, aínda que ás veces había prórrogas. Porén, o emperador conservaba a posibilidade de intervir nestas provincias, grazas ao seu ("imperio proconsular maior").

As grandes provincias, como África ou Asia, tiñan un procónsul de rango consular, mentres que as outras, como Macedonia ou Bitinia, tiñan un procónsul de rango pretorio. Os cuestores propretores axudaban nos temas económicos aos gobernadores, e os procuradores do emperador ocupábanse da propiedade imperial. Unha característica relevante era que as provincias senatoriais non tiñas tropas estacionadas, agás unha cohorte urbana en Cartago. A Legio III Augusta, inicialmente comandada polo procónsul de África, pasou ao estar baixo o mando dun legado independente do gobernador no 37.

Dous casos especiais : Italia e Exipto

Italia Italia, durante o Alto Imperio, non era unha provincia. Respectábase a autonomía dos concellos, que estaba garantida pola lex Julia municipialis do -45 : malia que os cónsules, pretores e, ás veces, cuestores tiñan un "dereito de inspección" sobre a administración das cidades italianas, estas gozaban dunha ampla autonomía, condición da súa liberdade. Así e todo, Augusto, partillou, por razóns pouco claras, Italia en once rexións administrativas.

Exipto Desde o ano 30 a.C., Exipto era propiedade persoal de Augusto e, posteriormente, dos seus sucesores pois o emperador estaba considerado como herdeiro dos faraóns.

Por outra banda, Exipto era unha provincia crucial para a paz civil pois era o graneiro de Roma, e Augusto procurou asegurarse o seu control até o punto de que os senadores tiñan prohibido ir a Exipto e, aló, todo o persoal da administración pertencía ao rango ecuestre. O prefecto de Exipto, chamado , era quen a gobernaba, asistido por procuradores, e as lexións acantonadas na provincia estaban comandadas non por legados senón por prefectos: "prefecto do campamento" () ou “prefecto da lexión” ().

Desenvolvemento posterior : cara á normalización e á exclusión dos senadores

Os Severos O sistema creado por Augusto permaneceu relativamente inalterado até os Severos. A chegada ao poder de Septimio Severo e a súa dinastía iniciou unha evolución que rematou coas reformas de Constantino I e, progresivamente, a orde senatorial foi sendo excluída da administración das provincias e dos mandos do exército.

Así, as tres novas lexións creadas por Septimio Severo, a I Parthica, II Parthica e III Parthica, estaban comandadas non por legados da orde senatorial senón por prefectos da orde ecuestre. Así mesmo, cada vez máis, as provincias imperiais dotadas de lexións foron encomendadas, con carácter provisional, a procuradores ecuestres xa situados na provincia, que se eran denominados ("en lugar do gobernador"). Así mesmo, a recentemente creada provincia de Mesopotamia foi confiada a un prefecto e non a un legado de Augusto.

Italia, ata agora "subadministrada", tiña asignados numerosos procuradores e prefecturas (para o control dos camiños e a xestión da ; é dicir, do patrimonio do emperador). Na época de Caracalla, está documentada a presenza de Caio Octavio Suetrio Sabino, como (en galego, electo para corrixir o estado de Italia) que se ben non está claro o papel que desempeñaba (loita contra a bandidaxe ou vixilancia das finanzas dos concellos nun momento en que os impostos estaban a aumentar) o certo é que o seu poder aplicábase a toda Italia, o que indicaría unha progresiva normalización da situación e do control da península.

Reformas de Galieno alt=Buste en marbre de l'empereur Gallien|miniatura| Emperador Galieno, arredor do ano 260. Durante a crise do século III, no 262, ante o escaso valor militar dos senadores, o emperador Galieno decidiu excluílos do exército e substituílos por cabaleiros, ben de orixe ou admitidos nesa orde despois de seren centurións primus pilus. Os legados desapareceron, e só continuou o "praefectus urbanus".

Sempre preocupado pola eficacia do alto mando, Galieno negouse a permitir que as lexións continuasen a depender dos legados de Augusto e os gobernadores das provincias imperiais, da orde senatorial. Porén, non se atreveu a disociar completamente a súa carreira militar e civil, pero aumentou o número de nomeamentos de cabaleiros ó fronte das provincias imperiais, sendo o máis antigo o de Arabia, no 262. Estes novos gobernadores xa non foron temporais como os da época dos severos, senón permanentes e xa non eran procuradores da provincia que actuaban en substitución do legado pois, a maioría das veces son chamados "" ("actuando en substitución do gobernador").

Non obstante, certas grandes provincias imperiais, como a Tarraconense, tiveron legados dende Augusto até Diocleciano. As provincias senatoriais viron os seus procónsules substituídos despois de Galieno, pero as máis importantes, como África, permaneceron controladas polos senadores.

Galieno tamén estableceu un cuxo papel é pouco coñecido, pero que parece superior aos establecidos por Marco Aurelio. Aquí de novo, obsérvase que a situación de Italia tende a normalizarse.

O reinado de Diocleciano : creación das dioceses O establecemento da Tetrarquía alt=Tête d'une statue de l'empereur Dioclétien, vue de face.|miniatura| O emperador Diocleciano, reformador do Imperio.|esquerdaDiocleciano converteuse en emperador único na primavera do 285. Pouco despois, uniuse a Maximiano como César, e foi elevado no 286 ao rango de Augusto. No 293, Constancio e Galerio convertéronse en césares. O sistema tetrárquico, chamado ("os catro amos do mundo" ) polos antigos, quedou plenamente establecido daquela: Diocleciano conservou a preeminencia sobre o seu colega Maximiano, e así, asegurábase a unidade do Imperio.

Cada César tiña asignados zonas de control, mais non dominios fixos. A unidade do Estado permaneceu, manifestada polo feito de que só existía un prefecto do pretorio, como baixo o Alto Imperio romano.

Reforma da administración territorial

Lactancio era certamente hostil a Diocleciano, pero o seu punto, fundamentalmente, é correcto. Diocleciano modificou dun xeito profundo a organización territorial do Imperio Romano, dándolle a forma que tería, con algunhas modificacións posteriores, durante todo o século IV e comezos do século V.

Pouco a pouco realizáronse dúas reformas principais:

a multiplicación de provincias (das 48 no inicio do seu reinado até unhas cen na abdicación de Diocleciano); a creación de entidades superiores ás provincias, as dioceses.

Os cambios na estrutura administrativa obrigaron a un aumento significativo do número de funcionarios imperiais, e, en consecuencia, dos gastos do Estado. Porén, ao mesmo tempo, estas reformas melloraron a situación dun imperio até daquela "subadministrado", ou un tanto abandonado.

A fragmentación das provincias Por razóns probablemente militares, financeiras (achegando o gobernador que se encargaba de recada-los impostos á cidade), políticas (limita-lo poderes dos gobernadores, achegando a administración aos habitantes) ou para limitar a autonomía das cidades, Diocleciano dividiu as provincias herdadas na súa maior parte da época augustea (ou, máis raramente, agrupounas nunha soa).

Tamén normalizou o estado das provincias : Exipto perdeu o seu status único, e foi dividida en tres provincias, e Italia tamén pasou a ser dividida. As definidas por Augusto, simplemente numeradas, levaron un nome, e estaban rexidas por un . Igualmente, desapareceu a inmunidade fiscal dos habitantes de Italia.

Finalmente, a antiga distinción entre as provincias senatoriais e as provincias imperiais tamén desapareceu, e tódolos gobernadores pasaron a ser nomeados polo emperador.

A aparición das "dioceses" alt=Carte de l'Empire avec les diocèses (an 300) et les préfectures (395)|miniatura| As dioceses do Imperio en 300 e as prefecturas pretorianas que as sucederon no 395. Para compensar o debilitamento das provincias, e para manter un vínculo entre o estado e a provincia, Diocleciano multiplicou os "viceprefectos do pretorio" (), que anteriormente eran axudantes extraordinarios do prefecto do pretorio, e agora pasaron a ser permanentes coa asignación dun dominio xeográfico onde eran “delegados" do prefecto do pretorio, o que permitiu ao mesmo tempo debilitar o poder este último. posto que os vigairos só rendían contas ao emperador e non aos prefectos. Estes viceprefectos, de xeito mais común, foron denominados vigairos ().