Nafas (en ) é un filme iraniano de 2016 dirixido por Narges Abyar. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse A pequena Bahar vive unha vida feita a partir do folclore e das historias, sempre coa cabeza nun libro. Pero crecendo en Yazd nos anos 70 e 80, atópase no centro dun país en convulsión: o Shah é derrocado, o aiatolá Jomeini ascende ao poder e comezan os primeiros disparos dunha amarga e prolongada guerra con Iraq. Ao longo de varios anos, Bahar descobre que soñar esperta no seu propio mundo de fantasía é a única forma en que pode dar sentido á dor e ao sufrimento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán