Santana é un filme angolano de 2020 dirixido e escrito por Maradona Dias Dos Santos e Chris Roland. Está protagonizado por Paulo Americano, Terence Bridgett e Amanda Brown. Está no catálogo de Netflix dende o 28 de agosto de 2020, sendo a primeira produción cinematográfica de Angola en constar na lista da plataforma.

Sinopse Dias e Matias son dous irmáns que perseguen un poderoso narcotraficante, Ferreira, quen tamén resulta ser o asasino dos seus pais. Porén, Ferreira escapou de Angola a Suráfrica.

Personaxes

Paulo Americano como Dias Terence Bridgett Amanda Brown como Amanda Whiles Tamer Burjaq Nompilo Gwala Paul Hampshire Dale Jackson Hakeem Kae-Kazim como Obi Terri Lane Robin Minifie como Rambo Raul Rosario como Matias Rapulana Seiphemo como Ferreira Jenna Upton Neide Vieira

Notas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Angola Categoría:Filmes sobre feiticería