Barret Oliver Spencer, nado o 24 de agosto de 1973, é un fotógrafo e actor estadounidense. Retirouse da escena en 1990 e nunca participou en filmes sendo maior de idade.
Traxectoria Debutou en 1982, nos dous primeiros capítulos de Knight Rider. Dous anos despois, protagonizou a curtametraxe de media hora de duración Frankenweenie, filme polo que Tim Burton foi despedido de Disney, e que do que fixo unha versión en 2012 a mesma compañía. Oliver participou tamén na serie de televisión The Incredible Hulk.
É coñecido por ter interpretado ao personaxe de Bastian Balthazar Bux na adaptación cinematográfica da novela Die Unendliche Geschichte de Michael Ende.
Tamén tivo papeis destacados en: D.A.R.Y.L., polo que recibiu un premio Saturn, en Cocoon e Cocoon: The Return.
Vida familiar Sinalouse que o seu pai foi membro da Ciencioloxía, e que el mesmo participou na organización xuvenil cienciolóxica Sea Org.
Notas
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1973