Tigisti é un filme de 2012 coproducido entre os Estados Unidos e Eritrea, e dirixido por Daniel Tesfamariam a partir dun guión de Berhane Gebru. Estreouse o 13 de abril de 2012 no marco do Festival Internacional de Cinema de Houston. Foi filmada en Asmara, Eritrea e en estudios de Houston e tivo como actores principais a Amlesom Abraha, Saron Bereket, Saleh Saeed Rizkey e Yonas Woldu.
Sinopse Tigisti, unha moza orfa para quen o seu traballo é absolutamente indispensable, é a nova empregada á que o señor Fissehaye, un empresario malicioso, intentará empregar para desfacerse do seu compañeiro Amanual, pero a inesperada intervención de Zablon, o fillo do señor Fissehaye provoca un xiro dos acontecementos e fai que perda o control da situación.
Personaxes
Amlesom Abraha como Amanuel Saron Bereket como Tigisti Filmon Berhane como obreiro da fábrica Mereb Estifanos como Zaid Girmay Gebreleul como doutor Wudasie Gebrenegus como Ghidey Bisirat Gebresilasie como obreiro da fábrica Berhane Gebru como obreiro da fábrica Nigisti Habtom como Senait Tesfaldet Kibrom como Nahom Saleh Saeed Rizkey como Zablon Rigat Teklu como obreiro da fábrica Yonas Woldu como Mr. Fishaye
Notas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua tigriña Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Eritrea