Alexander "Álex" Petxarroman Eizaguirre, nado en Donostia o 6 de febreiro de 1997, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Ceuta, da Segunda División.
Traxectoria
Real Sociedad Comezou a xogar ao fútbol no Antiguoko, ingresando en 2010 na canteira da Real Sociedad. Entre 2015 e 2017 xogou no segundo filial do club vasco, o CD Berio FT na Terceira División, disputando 50 partidos oficiais.
Para a tempada 2017/18 saíu cedido ao Gernika, da Segunda División B. Aínda que non puido debutar ata xaneiro de 2018 por unha lesión nun nocello, acabou sendo unha peza importante do equipo tras facerse coa titularidade na posición de lateral dereito, despois de anos xogando como defensa central e incluso mediocentro.
No verán de 2018 regresou á Real Sociedad, que o asignou ao seu filial, o Sanse, tamén da Segunda B. Axiña se fixo cun posto no once titular de Imanol Alguacil e xogou de inicio a maioría de partidos da tempada 2018/19. Con todo, o seu bo momento de xogo viuse interrompido en outubro de 2019 por unha grave lesión de xeonllo, ao romper o ligamento cruzado nun partido ante o Barakaldo, o que lle fixo perder case toda a campaña. Tralo seu regreso aos campos de fútbol, foi peza clave e capitán do equipo na triunfante tempada 2020/21, na que o conxunto adestrado por Xabi Alonso conseguiu o ascenso á Segunda División despois de 59 anos de ausencia.
Despois de once anos na estrutura da Real, abandonou o club en xuño de 2021, ao non chegar a un acordo coa directiva sobre a renovación do seu contrato.
Athletic de Bilbao En de xullo de 2021 asinou un contrato de tres anos co máximo rival histórico da Real, o Athletic de Bilbao. E foi precisamente nun derbi vasco contra a Real Sociedad en Anoeta o 31 de outubro de 2021, onde debutou co Athletic na Primeira División, substituíndo a Óscar de Marcos na segunda metade. Disputou un total de 19 encontros co equipo bilbaíno, todos agás dous saíndo dende o banco de suplente.
Andorra Para a campaña 2022/23, o Athletic cedeuno ao FC Andorra, equipo que viña de ascender á Segunda División. No club do Principado volveu sufrir problemas coas lesións, polo que só puido disputar 13 encontros.
No verán de 2023 regresou brevemente ao Athletic, co que realizou unha xira por México, pero acabou sendo traspasado definitivamente ao Andorra. Na súa segunda campaña en Andorra, xa con máis continuidade, xogou 31 encontros, 27 deles como titular, pero non puido evitar o descenso do club á Primeira Federación.
Deportivo da Coruña En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de ascender á Segunda División na tempada anterior. A súa primeira tempada no club galego estivo marcada pola irregularidade e os erros defensivos, o que o levou á suplencia boa parte da tempada. Disputou 28 encontros, 18 deles como titular.
Para a tempada 2025/26 regresou como cedido ao Andorra, da mesma categoría. No conxunto andorrano disputou 18 partidos, 10 deles como titular, e marcou un gol. En xullo de 2026 desvencellouse do Deportivo da Coruña e a continuación anunciouse a súa fichaxe polo Ceuta, da Segunda División.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesReal Sociedad C2015/16Terceira271----2712016/17Terceira230----230Total club5010000501Gernika2017/18Segunda B131----131Real Sociedad B2018/19Segunda B330----3302019/20Segunda B61----612020/21Segunda B182--20202Total club5730020593Athletic Club2021/22Primeira1702000190Andorra2022/23Segunda 13 0 00-- 1302023/24Segunda31100--311Deportivo da Coruña2024/25Segunda27010--280Andorra2025/26Segunda16021--181Total club5012100622Total carreira 224 6 512 0 2317
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1997 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Andorra