Orgánico, do grego όργανον (organon), refírese a:Cando o adxectivo calificativo «orgánico, orgánica» alude ao que ten vida, é porque están compostos por carbono (C) e hidróxeno (H). A denominación «orgánica» da rama da química (química orgánica) é por virtude de que estes elementos, xunto co osíxeno (O) e o nitróxeno (N), son integrantes esenciais dos seres vivintes. Constitúen o famoso CHON. Polo tanto a súa connotación sinónima es só parcial, sendo en realidade un hipónimo.
Química
Composto orgánicos, produtos químicos baseados en carbono e hidróxeno xeralmente de orixe animal ou vexetal. Ácido orgánico, composto químico que contén un grupo funcional carboxilo (-COOH) unido a un átomo de carbono.
Factores orgánicos, os relacionados cos seres vivos. Síntese orgánica, proceso de construír moléculas orgánicas complexas a partir de precursores máis sinxelos mediante reaccións químicas.
Ecoloxía
Materia orgánica, materia ou substancia que procede dos seres vivos.
Agricultura
Fertilizante orgánico, os propios da agricultura ecolóxica. Alimento orgánico "alimentos ecolóxico" ou "alimentos biolóxicos", son os alimentos cultivados na agricultura ecolóxica, evitando substancias sintéticas.
Arquitectura e urbanismo
Urbanismo orgánico (crecemento) ou trazado orgánico é o proceso de crecemento e desenvolvemento de cidades e vilas de maneira natural e progresiva ao longo do tempo, sen seguir un plano urbanístico. Caracterízase pola adaptación ao terreo, o crecemento evolutivo e espontáneo, rúas irregulares, escala humana e a integración de usos do solo, reflectindo a historia e as necesidades cambiantes da poboación Urbanismo orgánico ou urbanismo organicista é un termo usado desde mediados do século XX, referido a un enfoque urbanístico que aplica os principios da arquitectura orgánica ao desenvolvemento de cidades e vilas, caracterizado pola adaptación ás características naturais do terreo, respectando a topografía, cursos de auga e a vexetación existentes. Arquitectura orgánica ou organicismo arquitectónico, é a concepción arquitectónica que busca imitar a natureza, considerando os edificios como organismos que se adaptan ao medio, respectando os hábitats naturais e humanos, usando formas de crecemento dos seres vivos, fronte a outras concepcións arquitectónicas que se asemellan máis a patróns xeométricos de cristalización.
Física
Diodo emisor de luz orgánico (OLED) Semicondutor orgánico, composto orgánico en forma de cristal ou polímero, que presenta propiedades similares ás dos semicondutores inorgánicos.
Administración
Orgánico é o relativo ou pertencente á organización dun estado ou dunha entidade, por exemplo lei orgánica, como Lei Orgánica de Universidades; no franquismo Ley Orgánica del Estado foi unha das oito Leis Fundamentais do Reino da estrutura da ditadura.
Notas
Categoría:Homónimos