A paleoclimatoloxía é o estudo dos cambios no clima ao longo da paleontoloxía ou de toda a historia da Terra. O interese moderno no cambio climático incrementou significativamente o estudo dos climas do pasado.
Os climas do pasado só poden estudarse mediante reconstrución por indicadores indirectos (proxy). Os datos obtéñense a partir do estudo de rochas, sedimentos, xeo, aneis de árbores, corais, cunchas e microfósiles. Estes rexistros utilízanse para deducir os estados pasados do clima da Terra e o seu sistema atmosférico.
Os estudos sobre os cambios pasados nos ecosistemas e na os seus efectos na biodiversidade permiten comprender mellor os fenómenos actuais. Por exemplo, analizar o impacto do clima nas extincións masivas e na recuperación posterior da vida axuda a desvelar os patróns e as consecuencias desas extincións. Eventos climáticos destacados na historia da Terra miniatura|853x853px|Gráficas de paleotemperatura comprimidas.|esquerda
O coñecemento dos eventos climáticos precisos diminúe a medida que se remonta no tempo. Algúns eventos climáticos notábeis son:
Sol xove feble Glaciación huroiniana (~2400 millóns de anos, a Terra completamente cuberta de xeo probablemente debido ao Gran evento de osixenación) Neoproterozoico "Terra bóla de neve" (~600 millóns de anos, precursor á explosión cambriana ou cámbrica). Glaciación Gaskiers (~579,7 millóns de anos) Colapso das selvas carboníferas (~300 millóns de anos) Evento de extinción Permiano-Triásico (251.4 millóns de anos) Eventos anóxicos oceánicos (~120 millóns de anos, 93 millóns de anos, e outros) Evento de extinción Cretáceo-Paleoxeno (66 millóns de anos) Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno (55 millóns de anos) Glaciación de Würm (~115.000 a 11.700 anos) Younger Dryas/ Grande Xeada (~11 mil anos) Óptimo climático do Holoceno (~7-3 mil anos) Cambios climáticos do 535-536 Período cálido medieval (900-1300) Pequena Idade de Xeo (1300-1800)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bioxeoquímica Clima Climatoloxía Cambio climático Ciclos de Milankovitch Extinción masiva Idade do xeo Quecemento global Paleontoloxía Paleoxenómica
Radiocarbono
Ligazóns externas
Paleoclimatology: Reconstructing Climates of the Quaternary - Raymond S. Bradley
Categoría:Cambio climático