miniatura|O Xuízo Final, pintado por Ende, no Beato de Xirona Ende ou En é a primeira muller iluminadora de manuscritos cun traballo documentado mediante a inscrición ENDE PINTRIX ET D(E)I AIUTRIX no colofón do Beato de Xirona. A maior parte de información sobre ela procede das incricións na súa obra, e non se conservan outros rexistros. O seu período de vida non se coñece, mais pode asumirse pola inscrición no Beato: AD 975. O apelativo de “dei aiutrix” (axudante de Deus) alude ao feito de que probablemente fose unha monxa. Distínguense varios autores nos manuscritos: o escriba xefe foi un sacerdote chamado Senior. Os historiadores tamén atribuíron elementos dos manuscritos a Emeterius, xa que o seu estilo é comparable a un traballo previo asinado. Non obstante, en base ao estilo da pintura, algúns teóricos conclúen que case todas as ilustracións foron completadas por Ende.

Beato de Xirona Ende traballou no códice do século X coñecido como Beato de Xirona, xunto co monxe Emeterius. O códice inclúe o Comentario sobre o Apocalipse do monxe Beato de Liébana, do que se coñecen 26 copias ilustradas, xunto co comentario de Xerónimo sobre o Libro de Daniel. O Beato de Xirona probablemente foi creado no mosteiro de Tábara, sendo completado o 6 de xullo de 975.

As iluminacións ilustran a visión apocalíptica de San Xoán no Libro da Apocalipse en estilo mozárabe. Este estilo desenvolveuse na península Ibérica trala invasión musulmá, incluíndo elementos da arte islámica, particularmente con énfase na xeometría, as cores ricas e as figuras estilizadas.

Existe debate sobre se Ende realizou a maioría do traballo ou se estaba alí para axudar a Emeterius co que se consideraba habilidades femininas, como a decoración e as imaxes delicadas. Sábese que Emeterius traballou nunha versión previa do Beato coñecido como Beato de Tábara. Porén, as comparacións entre os estilos de ilustración dos dous códices amosas diferenzas consistentes. Destácase que Ende parece facer uso frecuente dos fondos estratificados: divídeo en ceo, o horizonte do mundo humano e o nivel do chan do mundo. Ademais, as cores do Beato de Xirona son máis intensas que as de Tábara, cun uso significativo do amarelo, o azul escuro e o laranxa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chadwick, Whitney, Women, Art, and Society, Thames and Hudson, Londres, 1990 Sutherland Harris, Ann; Nochlin, Linda: Women Artists, 1550-1950. Los Angeles County Museum of Art, 1976. ISBN 9780875870731 Martin, Therese: "Exceptions and Assumptions: Women in Medieval Art History" en Martin, Therese (ed.): Reassessing the Roles of Women as 'Makers' of Medieval Art and Architecture. BRILL, 2012 ISBN 9789004185555 Patton, Pamela A.: "Ende" en Gaze, Delia (ed.): Dictionary of Women Artists Vol. . Taylor & Francis, 1997. ISBN 9781884964213 Weyl Carr, Annemarie: "Women as artists in the middle ages: The dark is light enough", en Gaze, Delia (ed.): Dictionary of Women Artists Vol. . Taylor & Francis, 1997. ISBN 9781884964213

Categoría:Nados no século X Categoría:Artistas de España Categoría:Manuscritos iluminados