O termo Web 2.0 ou Web Social, comprende aqueles lugares web que permiten compartir información e intercambiala. Atópanse deseñadas de xeito intuitivo, centrándose no usuario e colaborando na World Wide Web. A Web 2.0 describe unha evolución que separa unha primeira etapa na que os suxeitos son pasivos, só reciben información..., dunha segunda etapa na que aparecen contribucións e colaboracións por parte de todos os usuarios (en portais ou comunidades virtuais de distinto tipo como Twitter, Instagram ou Youtube). Exemplos de Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web, as aplicacións web, os servizos de redes sociais, os servizos de aloxamento de vídeos, as wikis, blogs, mashups e folcsonomías.miniatura|300px|Web 2.0.

Historia Tim Bernes-Lee e Robert Cailliau inventaron a web ao redor do ano 1990 e durante estas dúas últimas décadas sufriu unha evolución asombrosa. En outono de 2001 produciuse o estalido da burbulla tecnolóxica, o que provocou que moitas empresas desaparecesen do mercado ou visen fortemente reducidas as súas expectativas, pero isto non pasou con todas. Algunhas sobreviviron e outras apareceron con novas ideas e novos modelos de negocio.  No ano 2004 dúas empresas do sector informático O’Reilly e MEdiaLive International, realizaron unha tormenta de ideas para analizar aquelas que superaran a crise e poder identificar as características claves do éxito; as que non o superaron foron denominadas Web 1.0 e as que si, ou estaban tendo éxito nese momento, denomináronse Web 2.0. Definiron o termo Web 2.0 como unha segunda xeración na historia da web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos e aplicacións de Internet que se modifican grazas á participación social (Palomo, R.; Ruiz, J.; Sánchez, J., 2008, p. 13).

No seu primeiro traballo O’Reilly non dá unha definición de Web 2.0, así que cando se lle pediu esa definición enviou unha mensaxe ao blog da súa empresa definíndoa. Afirmou que as aplicacións web 2.0 son aquelas que sacan partido ás vantaxes intrínsecas da web, ofrecendo un servizo continuamente actualizado que mellora canta máis xente o use, empregando e remexendo os datos de múltiples recursos, incluíndo os usuarios individuais, á vez que ofrecen os seus propios datos e servizos de tal forma que poder ser reempregados por outros, creando unha “arquitectura de participación” na rede, indo máis alá da páxina da Web 1.0 para ofrecer experiencias de usuario cada vez máis ricas.

Antes da chegada das tecnoloxías da Web 2.0 empregábanse páxinas estáticas programadas en HTML (Hyper Text Markup Language) que non eran actualizadas de forma continua. Os sitios Web 2.0 actúan máis como puntos de encontro ou webs dependentes de usuarios que como webs tradicionais.

A Web Social, ou Web 2.0, é un concepto que nace no ano 2004 como complemento aos servizos xa existentes en Internet: a web, os servizos e portais de busca de información (Google, Yahoo), os sistemas de comunicación (correo electrónico, foros etc.)…

Segundo o creador do termo 2.0 as diferenzas fundamentais entre a época do PC e a era da Web 2.0 é o feito de que Internet se transformou en plataforma. En lugar de engadir unha función, as novas aplicacións magnifican os efectos da rede, cantas máis persoas as empreguen, máis mellorarán estas. Por outra parte, todos os servizos da Web 2.0 implican un cambio básico no fluxo de información e de datos. Nos servizos baseados na Web 1.0 o fluxo de datos era desde os servidores aos clientes, é dicir, o fluxo era de baixada ou intercambio de datos desde o emisor ao receptor. Agora, nos servizos baseados na Web 2.0, a tendencia invértese e comeza a haber tanto fluxo de baixada de datos e información, como fluxo de subida de datos dende o cliente ao servidor; o receptor convértese tamén en emisor.

Por outro lado, a arquitectura hipertextual ten caracterizado a Web, xa que as ciencias humanas e sociais teñen acostumado usala como colección dinámica de textos e documentos que dá paso a novas arquitecturas que fan fincapé na interacción e o intercambio de saberes, potenciando a mutación e ata a confusión de roles entre aqueles que escriben os contidos e aqueles que os len. En consecuencia, todos estes servizos proporcionan un avance tanto tecnolóxico coma intelectual e ao mesmo tempo permiten a todos os usuarios cunha conexión a Internet participaren neste avance informático a nivel xeral.

Orixe do termo O termo foi utilizado por primeira vez por Darcy DiNucci en 1999, no seu artigo "Frsgmented future", aínda que non foi ata 2004 cando Tim O´Reilly o popularizou. O termo acuñado por Darcy DiNucci foi popularizado máis tarde por Dale Dougherty de O´Reilly Media nunha tormenta de ideas con Craig Cline de MediaLive para desenvolver ideas para unha conferencia.

Dougherty suxeriu que a web estaba nun renacemento, con regras que cambiaban e modelos de negocio que evolucionaban. Dougherty puxo exemplos —"DoubleClick era a Web 1.0; AdSense é a Web 2.0. Ofoto é Web 2.1: Flickr é web 2.0"— en vez de definicións, e recrutou a Jonh Batelle para dar unha perspectiva empresarial, O´Reilly Media, Battelle, e MediaLive lanzou a súa primeira conferencia sobre a Web 2.0 en outubro de 2004. A segunda conferencia celebrouse en outubro de 2005.

En 2005, Tim O´Reilly definiu o concepto de Web 2.0. Un mapa mental elaborado por Markus Argermeir concreta a relación do termo Web 2.0 con outros conceptos. Na súa conferencia, O´Reilly, Battelle e Edouard resumiron os principios clave que cren que caracterizan as aplicacións web 2.0: a comunidade como plataforma; efectos de rede conducidos por unha "arquitectura de participación"; innovación e desenvolvedores independentes; pequenos modelos de negocio capaces de volver a difundir servizos e contidos; o perpetuo beta; software por encima dun só aparello.

En xeral, cando mencionamos o termo Web 2.0 referímonos a unha serie de aplicacións e páxinas de Internet que utilizan a intelixencia colectiva (concepto de software social) para proporcionar servizos interactivos en rede.

Cambios con respecto á Web 1.0 O cambio da Web 1.0 á 2.0 supuxo un cambio radical na forma de entender estes servizos. Un cambio entendido dende unha perspectiva integradora, coa cal todos os usuarios poderán beneficiarse activamente. As características máis significativas son as seguintes: As persoas non só consultan os contidos destes servizos de forma pasiva, senón que poden participar e interactuar co resto dos usuarios, aportando eles mesmos a súa propia información elaborada. O intercambio de información, por tanto, é maior, propiciando un maior repertorio nos diferentes ámbitos que engloba. Esta información está regulada por unha constante revisión interna. As páxinas deixan de ser estáticas, isto é, cuns contidos fixos e establecidos previamente e pasan a converterse en páxinas con posibilidade de modificacións e contribucións de novas ideas. A idea principal da Web 1.0 pola cal os seus usuarios expoñían a información sen previa xustificación ou explicación transfórmanse en persoas que ofrecen información cuns mínimos de transparencia. A meirande parte das páxinas da Web 1.0 son comerciais, polo cal na seguinte versión a finalidade principal é a educación, elaborando novas páxinas e modificando todas as posibles para orientalas á mellora e á educación. Os recursos da Web 1.0 son limitados, motivo principal da integración de novos recursos tanto á hora de crear os diferentes servizos como de ofrecelos.

Características Non se trata dun software empaquetado, senón dun conxunto de servizos A súa arquitectura é a participación, xa que son sitios creados e modificados polos propios usuarios; e é por isto mesmo que os usuarios pasan de ser unicamente consumidores a poder ser tamén produtores. Escalable de forma efectiva en custos. As fontes de datos e transformacións entre elas son de varios tipos (tecnoloxías como AJAX, XML, Flash...) Considérase unha plataforma, é dicir, o seu software pasa de ser unha instalación no PC a ser uns servizos de software que son accesibles en liña, e polo tanto poden ser executados dende máis dun dispositivo, mellorando así a súa accesibilidade. Aproveita a intelixencia colectiva grazas ao aumento da contribución dos usuarios. Isto pode presentarse de diversas maneiras: crear contidos por parte dos usuarios (como nos blogs), compartir obxectos dixitais, comentar naqueles obxectos dixitais compartidos nas comunidades sociais ou empregar o etiquetado (tags). É funcional, pois a web axuda na transferencia da información e servizos dende as páxinas web. Trátase dun fluxo, xa que a Web 2.0 permanece nun "perpetua beta": invéntase permanentemente.

Servizos Wiki: páxina(s) web onde calquera persoa cun acceso permitido pode editar dende calquera lugar. É un sitio web de construción colectiva, cun tema específico, no cal os usuarios teñen liberdade para sumar, eliminar ou editar os contidos. Bitácora: Páxinas web que funcionan a modo de diario persoal. Blog: sitio web que facilita a publicación instantánea de entradas (posts) e permite aos seus/súas lectores/as dar retroalimentación ao autor en forma de comentarios. As entradas quedan organizadas cronoloxicamente iniciando coa máis recente. Álbums de fotos e vídeos: Sitios web onde os usuarios achegan as súas fotografías ou vídeos. RSS: Fai referencia a un estándar de sindicación, isto é, unha familia de formatos de datos coñecidos como "feed", utilizados para ofrecer aos usuarios información de contido que se actualiza con moita frecuencia, tales como entradas de blogs, titulares de medios ou podcasts. Así, unha persoa pode utilizar un programa lector de RSS para subscribirse aos sitios web do seu interese que ofrezan este servizo e estar permanentemente ao día, automaticamente, dos contidos novos que publiquen calquera deses sitios. Podcast: Rede de difusión de noticias en formato sonoro. Faise xerando, mediante unha gravadora dixital de voz, un arquivo de son en formato MP3 que se poida reproducir tanto nun PC como nunha ampla gama de aparatos portátiles que acepten este formato (iPod, teléfonos celulares, equipos de son, memorias USB, etc). Posteriormente o arquivo alóxase nun servidor e comunícase ao mundo a súa existencia utilizando RSS. Os usuarios de podcasts subscríbense a un servizo de RSS feeds (agregadores) e reciben información permanente sobre novos podcasts a medida que estean dispoñibles. LCMS: Novidosos sistemas de ensino-aprendizaxe. Xeolocalización: Localización xeográfica en mapas dixitais. Aplicación en liña: Programas que se poden utilizar e executar directamente desde o sitio web onde se encontren aloxados, sen necesidade de instalalos no ordenador, aforrando espazo no disco duro. Contorno para compartir recursos: Permiten o almacenamento de contidos en Internet, do mesmo xeito pódense visualizar e compartir en calquera momento. existen de diversos tipos: Documentos: Google Drive, onde podemos subir os nosos documentos, compartilos e modificalos. Almacenamento en liña: En sitios como Dropbox ou Google Drive temos a opción de gardar arquivos nunha nube, e así acceder a eles en calquera dispositivo. Fotografías e imaxes: Podemos compartilas, organizalas e almacenalas en Picasa, Instagram, Flickr... Vídeos: Vimeo, Dailymotion, Dalealplay e por suposto YouTube, conteñen miles de vídeos subidos e compartidos polos usuarios/as. Agregadores de noticias: Digg ou Menéame son un espazo onde os usuarios soben e votan as noticias.

Ferramentas utilizadas no desenvolvemento da Web 2.0 Respéctanse os estándares do XHTML Follas de estilo Sindicación de contidos (RSS etc.) AJAX (Asincronical Javascript And XML) Utilización de Ruby on Rails para poñer en funcionamento páxinas dinámicas Prover APIs ou XML para que as aplicacións poidan ser manipuladas por outros

Difusión audiovisual a través da Web 2.0