O Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade (PCIH) é unha declaración da UNESCO para protexer a cultura oral, intanxible ou non material; está destinada a protexer as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e habilidades que as comunidades, os grupos e, nalgúns casos, os individuos, recoñecen como parte do seu patrimonio cultural. Este patrimonio inclúe valores históricos, culturais e tradicionais de grande importancia. A súa protección contribúe a preservar as fontes creativas e a identidade dos pobos. Para actualizar e completar a lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade, a UNESCO realiza reunións periódicas onde se aceptan novas propostas en función da súa importancia cultural e do risco de desaparición ao que están expostas. As expresións contidas nese patrimonio inclúen linguas, lendas, mitos, expresións relixiosas, tradicións diversas, danza, canto etc. Historia miniatura|Concerto "treboada" en Gondomar, organizado por PNO!. No ano 2023 celebrouse o vixésimo aniversario da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, adoptada o 17 de outubro de 2003 pola 32ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO. Foi organizado baixo o lema "Nós Somos #PatrimonioVivo" (We Are #LivingHeritage), e tiña como obxectivo a concienciación sobre a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial e na promoción da cooperación internacional.

Patrimonio Cultural Inmaterial en Galiza miniatura|241x241px|Bóveda de pedra seca na comarca de Segrià, Cataluña. Ao ano seguinte da primeira Conferencia Xeral da a UNESCO sobre salvagarda da cultura inmaterial, foi presentada a candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, promovida pola asociación Ponte... nas ondas! (PNO!). Foi a primeira candidatura multinacional presentada por centros educativos de dous países, que se formalizou en 2004. Desde 2005, esta asociación segue solicitando a inclusión deste patrimonio na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A UNESCO puxo a PNO! en 2024 como "exemplo de candidatura internacional e de boas prácticas" para outras candidaturas.

Ademais, a fins de novembro de 2018, a UNESCO recoñeceu como Patrimonio Cultural Inmaterial a construción de pedra en seco ou pedra seca, unha técnica de construción tradicional de diversas culturas do mundo, incluíndo a galega, destacando a súa preservación de técnicas tradicionais sen o uso de argamasa, converténdose no primeiro elemento inmaterial galego en recibir esta distinción.

Exemplos de patrimonio intanxible

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade Ligazóns externas : Definición segundo a UNESCO. : Web oficial. : Dedalo.GLP software GLP.