Francis Bertody Sumner, nado en Pomfret (Connecticut) o 1 de agosto de 1874 e finado o 6 de setembro de 1945, foi un zoólogo, ictiólogo e escritor estadounidense.

Traxectoria

Estudou na Universidade de Minnesota e na Universidade de Columbia, onde en 1901 conseguiu o doutoramento (PhD) cunha tese sobre a embrioloxía dos peixes.Child, Charles Manning. (1948). Biographical Memoir of Francis Bertody Sumner . En Biographical Memoirs. National Academy of Sciences 25: 147-173. Foi director do Laboratorio da Oficina de Pesquerías dos Estados Unidos en Woods Hole. Traballou como profesor de bioloxía na Institución Scripps de Oceanografía. Sumner foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1937 e da Sociedade Filosófica Americana en 1938.

Sumner recolleu moitas subespecies do roedor Peromyscus en California. Tamén estudou os pigmentos dos peixes.

Fixo experimentos con roedores criados a distintas temperaturas, observando a herdanza na descendencia de distintas características, que foron discutidos dentro da polémica entre o lamarckismo e o darwinismo.Wesley R. Coe. Francis Bertody Sumner: August 1, 1874-September 6, 1945 [Obituary]. Science. New Series, Vol. 102, No. 2649 (5 de outubro de 1945), pp. 344-346 (3 páxinas). Publicado por: American Association for the Advancement of Science

Publicacións

A Biological Survey of the Waters of Woods Hole and Vicinity (1913) Heredity, Environment, and Responsibility (1921) Genetic, Distributional, and Evolutionary Studies of the Subspecies of Deer Mice (Peromyscus) (1932) The Life History of an American Naturalist (1945)

Notas

Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Ictiólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Lamarckismo