Francisco Fraga García, coñecido como Coducho, nado en Betanzos cara a 1908 e finado na Coruña o 24 de novembro de 1936, foi un camareiro e sindicalista galego. Traxectoria

Camareiro do Café Barreiro de Betanzos, pertencía ao Sindicato de Oficios Varios da CNT no que foi vogal en 1934. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 22 de xullo xunto con José Naveira García e José Camba Chas nas proximidades de Palavea, cando viaxaban nun automóbil requisado, incautándolles diversas armas. Acusado de tenza de explosivos e rebelión na causa 118/36, foi xulgado en consello de guerra na Coruña o 14 de novembro,La Voz de Galicia, 14-11-1936, p. 2. e condenado a pena de morte. Foi fusilado na Coruña o 24 de novembro de 1936. José Camba foi condenado a cadea perpetua na mesma causa, e José Naveira foi posto en liberdade.

Vida persoal

Casou con Julia Fraga Vázquez e foi pai de Francisco, José, Julio e Antonio Fraga Fraga. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos

Categoría:Nados en 1908

Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados