Cécile Colonna, nada en 1977, é unha historiadora da arte, arqueóloga e numismática francesa, directora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia desde 2024.
Traxectoria Cécile Colonna, nada en 1971, cursou estudos superiores de Historia, Historia da Arte e Arqueoloxía na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne."Cécile Colonna". En Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 ". Bibliothèque nationale de France (comitehistoire.bnf.fr).
Traballou como conservadora do patrimonio no Museo de Antigüidades de Rouen entre 2001 e 2005, e logo aprobou as oposicións a conservadora do patrimonio especializada en museos. En 2007 incorporouse ao Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades ("Gabinete de Medallas") da Biblioteca Nacional de Francia, onde se fixo cargo dunha parte da colección arqueolóxica, que abrangue a cerámica, as figuriñas e os relevos antigos de terracota."Colonna Cécile". Ecoledulouvre.fr
Entre 2017 e 2024, Colonna foi asesora científica do Instituto Nacional de Historia da Arte (INHA) de Francia, na área de Historia da Arte Antiga e Arqueoloxía, onde dirixiu varios programas de investigación sobre as coleccións de antigüidades do século XIX.
O 31 de marzo de 2024 foi nomeada conservadora xeral do patrimoino e directora do Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia.
Publicacións As investigacións e as publicacións cétranse sinaladamente nas imaxes gregas, sobre todo das cerámicas áticas, e na historia da arqueoloxía, das coleccións e do mercado de obxectos arqueolóxicos no século XIX. Esta é unha escolma dos seus principais traballos monográficos:"Cécile Colonna". Academia.edu
(2003). L'Algérie au temps des royaumes numides: Ve siècle avant J-C - Ier siècle après J-C (con G. Sennequier). Somogy. ISBN 978-2850566523 (2005). La Normandie à l'aube de l'histoire: Les découvertes archéologiques de l'âge du Bronze 2500-800 av. J-C. (con C. Marcigny). Somogy. ISBN 978-2850569197 (2013). De Rouge et de Noir: Les vases grecs de la collection de Luynes. Gourcuff Gradenigo, París. ISBN 978-2353401703 (2017). Le luxe dans l'Antiquité: Trésors de la Bibliothèque nationale de France (con M. Avisseau-Broustet). Snoeck. ISBN 978-9461613875 (2019). Dessiner l'Antique. Les recueils de Jean-Baptiste Muret et de Jean-Charles Geslin (con L. Haumesser). BnF / Musée du Louvre / INHA, París. ISBN 978-2717728200 (2020). Trésors de l'Antiquité: Céramiques grecques du musée de Boulogne-sur-Mer (con F. Gaultier, et al.). Invenit. ISBN 978-2376800347 (2021). Winckelmann et l’œuvre d’art (con D. Gallo). Éd. des Cendres / INHAParís. ISBN 978-2867423017 (2022). La Belle Époque des collectionneurs d’antiques en Europe. 1850-1914 (con D. Boschung). Hermann/Louvre, París. ISBN 979-1037006813
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes