Paola Cavalieri, nada en Roma o 26 de outubro de 1950, é unha filósofa italiana coñecida polo seu traballo a favor dos dereitos dos grandes simios e outros animais. Autora de varios libros, foi ademais editora de Etica & Animali, unha revista académica internacional de filosofía, entre 1988 e 1998.
Obra O seu traballo teórico centrouse na cuestión dos dereitos dos animais. Superando a contraposición entre utilitarismo e deontoloxía, Cavalieri sostivo que a doutrina dos dereitos humanos debe incluír tamén ao resto dos animais. En concreto, refírese a dereitos fundamentais como o dereito a vivir en liberdade ou a non sufrir innecesariamente. Neste sentido, o termo dereito posúe un sentido tanto moral como legal. A súa postura é, xa que logo, máis específica que a doutros animalistas, como os defensores do benestar dos animais (en inglés, animal welfare).
En específico, Cavalieri defendeu a causa dos dereitos dos grandes simios. Sobre este tema, publicou o libro The Great Ape Project (1994), xunto co filósofo australiano Peter Singer, de onde xurdiu o Proxecto Gran Simio.
Premios
Premio de Ética da Fundación Giordano Bruno (2011), xunto con Peter Singer.
Publicacións The Great Ape Project: Equality Beyond Humanity (1994), coeditado con Peter Singer. La questione animale: per una teoria allargata dei diritti umani (1999). The Death of the Animal: A Dialogue (2009).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Reflecting on the Politics of Animal Liberation (conferencia)
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana