Globularia é un xénero dunhas 22 especies de plantas florescentes da familia Plantaginaceae, nativas do centro e do sul de Europa, da Macaronesia, do noroeste de África e do suroeste de Asia. Son plantas perennes ou subarbustos densos, baixos e que forman tapetes, con follas coriáceas e ovales de 1-10 cm de longo. As flores prodúcense en densas inflorescencias (capítulos) no alto da planta, nun talo de 1-30 cm de alto; os capítulos teñen 1-3 cm de diámetro, con numerosas numerosas flores púrpuras, violetas, rosas ou brancas firmemente compactadas.

As especies de Globularia serven de alimento ás larvas dalgunhas especies de Lepidoptera como Coleophora virgatella.

Varios membros do xénero, como Globularia cordifolia e Globularia punctata, son cultivados e vendidos para o seu cultivo doméstico.

Baixo o antigo sistema de Cronquist para clasificar plantas, conformaban a súa propia familia, Globulariaceae, mais probas xenéticas demostraron que o xénero pertence á familia Plantaginaceae.

A maioría das especies son coñecidas como margaridas redondas ou globularias.

Especies As especies inclúen:

Globularia alypum Globularia amygdafolia Globularia ascanii Globularia bisnagarica Globularia cordifolia Globularia dumulosa Globularia greuteri Globularia incanescens Globularia meridionalis Globularia nudicaulis Globularia orientalis Globularia repens Globularia salicina Globularia sarcophylla Globularia stygia Globularia trichosantha Globularia vulgaris

Notas

Véxase tamén

Categoría:Taxons descritos por Linné