O pazo de Guyatt, tamén coñecido como pazo de Cotón de Castro e pazo da Pasaxe, é un pazo situado o lugar das Xuvias no concello da Coruña.
Historia
Aínda que posiblemente o pazo teña orixe medieval, a primeira referencia sobre a súa existencia aparece no século XVI, propiedade do rexedor da Coruña Pedro de Villafranca. A principios do século XVII comprouno o tamén rexedor Gabriel Cotón.
Durante a guerra da Independencia foi saqueado polos franceses. En 1865 coa creación da liña de ferrocarril A Coruña - Madrid construíuse un túnel que reduciu o terreo do xardín.
A finais do século XIX a familia Cotón arruinouse, acabando a propiedade nas mans da familia Guyatt, que chegara á cidade en 1870.
Trala guerra civil o goberno franquista incautouse da parcela para instalar o Fogar Infantil das Xuvias. Este feito supuxo un estrago do pazo e mesmo foi espoliada unha escaleira. Ademais, serviu de lugar de descanso para oficiais nazis durante a segunda guerra mundial.
Descrición O pazo é un edificio de granito e planta cadrada. Na fachada consérvase o escudo dos Cotón de Castro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Un pazo escondido en A Coruña, las últimas huellas de una dinastía inglesa La Casa Guyatt, un pazo señorial con elementos del siglo XVIII que todavía es propiedad privada Planos e debuxos an As Xuvias-Os Castros-A Gaiteira
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Pazos da provincia da Coruña