Avelino Seijas Vázquez, nado en Chantada en 1921 e finado en Palas de Rei o 16 de xaneiro de 1984, foi un escritor, historiador e fiscal galego.
Traxectoria Irmán de Eduardo Seijas. Fiscal en Chantada. Presidiu o Círculo Recreativo Cultural de Chantada entre 1954 e 1956,"Chantada. Al habla con el nuevo Presidente del Círculo Recreativo y Cultura." El Progreso. 30 de xaneiro de 1955 tempo no que se promoveu a festa da poesía en 1955 (con Avelino Seijas de mantedor)"Chantada. Fiesta de la poesía". El Progreso, 30 de marzo de 1955 e en 1956 ("Troveiros ó pé do Faro" con Álvaro Cunqueiro de mantedor -substituído por Manuel María, por non poder desprazarse-"Chantada. Troveiros o pe do Faro", El Progreso, 5 de xullo de 1956 e a participación de Manuel María, Uxío Nononeyra, P. Vázquez Cuesta..."Chantada. Troveiros o pe do Faro". El Progreso, 27 de xuño de 1956) Desenvolveu un labor intelectual como estudoso e divulgador da historia da comarca."Una mirada a la provincia: Avelino Seijas y sus quehaceres lieterarios", por Anxel. El Progreso, 2 de abril, 1967
En 1979 foi declarado xubilado forzoso como Fiscal de Distrito da Agrupación de Fiscalías de Monforte de Lemos-Quiroga-Chantada por cumprir a idade regulamentaria.
Escrito en 1979, publicado en 1990 a familia do autor paralizou a distribución de Historia de Chantada y su comarca, despois de ser editada e impresa pola Deputación de Lugo porque non estaban de acordo coa forma da edición. En 2014 a familia manifestou o seu desexo que que fosen distribuídos os 1 500 exemplares que estaban nun almacén. Presentouse o libro en Lugo, nun acto no que participaron Maruja Seijas, sobriña do escritor, Alfredo Pardo e o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro.
Foi académico correspondente da RAG. Finou en Palas de Rei o 16 de xaneiro de 1984.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-1-1984, p. 45.
Obra
El santuario regional del Faro (1961) La ermida del Faro y el trobador Xohán de Requeixo (1965). Imprenta de Chantada."Actualidad en Chantada: Un interesantes libro de Avelino Seijas Vázquez", Por Anxel. El Progreso, 7 de agosto de 1965
Chantada y el señorío de los marqueses de Astorga (1966)."Chantada y el Señoría de los Condes de Astorga. Un nuevo libro de Avelino Seijas Vázquez", por Anxel. El Progreso, 10 de xaneiro de 1967 Aventuras y desventuras de Juan Alfonso Varela (1966)."Aventuras y desventuras de Juan Alfonso Varela". Publicaciones. El Progreso, 15 de maio de 1966 Historia de Chantada y su comarca (ensayo) (1990). Deputación Provincial de Lugo. 384 páxs. ISBN 978-84-86824-85-0.
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega