José Cobelo Gómez, nado en Santo Estevo do Val (concello de Riobarba, hoxe O Vicedo) en 1900 e finado en Buenos Aires en 1973, foi un político galego.
Traxectoria Emigrou a Arxentina. Amigo de Vicente Paz Infante, actuou con el na Sociedad Vivariense e despois na Sociedad de Riobarba coa que se integrou na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Pertenceu á Asociación de Socialistas Españoles e ao Centro Republicano español. Colaborou en España Republicana. Crítico coa liña galeguista de El Despertar Gallego publicou un artigo en 1929 que xerou polémica. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, da que foi un dos seus principais dirixentes, e foi membro do comité de redacción do seu órgano Acción Gallega. Logo da proclamación da Segunda República Española viaxou a Galicia para informar ao periódico e á Federación."José Cobelo en Galicia", Acción Gallega, 20-9-1931, p. 1. Participou no congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina como delegado da Sociedad de Riobarba. Integróuse na redacción de Galicia ata 1940, volvendo en 1947 como subdirector e a partir de 1949 como director. Participou na Peña Federal de 1952.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Paz, Cobelo, Baltar y la sociedad de Riobarba que recaudó fondos para la República
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados no Vicedo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1973