Omenuke Mfulu, nado en Poissy (Yvelines) o 20 de marzo de 1994) é un futbolista franco-congolés que xoga como centrocampista defensivo na Ponferradina, da Primeira Federación. É internacional coa selección da República Democrática do Congo.

Traxectoria Naceu na comuna francesa de Poissy, no departamento de Yvelines, sendo fillo de pais congoleses. Aos 10 anos obtivo a nacionalidade francesa, por efecto colectivo da naturalización do seu pai.

Formouse como futbolista na canteira do Lille e debutou co filial deste, o Lille B en 2012. No verán de 2013 fichou polo Reims para xogar no seu filial e as súas boas actuacións fixeron que o club lle ofrecese un contrato profesional por tres anos en xaneiro de 2014.

O 22 de novembro de 2014 debutou co primeiro equipo do Reims na Ligue 1, saíndo como suplente nun empate 0-0 ante o OGC Nice. Nos seguintes dous anos e medio compaxinou o filial co primeiro equipo, disputando con este último un total de 23 partidos.

No verán de 2017 fichou polo Red Star FC do Championnat National, terceira categoría do fútbol francés. Militou dous anos no histórico club parisiense, contabilizando un total de 52 encontros oficiais.

En xuño de 2019 instalouse en España, onde asinou como novo xogador do Elche, da Segunda División. Na súa primeira campaña no club valenciano, disputou un total de 25 encontros ás ordes de Pacheta e conseguiu o ascenso á Primeira División, tras eliminar na promoción ao Zaragoza e ao Girona. Debutou na máxima categoría na terceira xornada da tempada 2020/21, saíndo de titular contra a Real Sociedad no Martínez Valero, e participou en máis da metade dos encontros da competición, contribuíndo a obter a permanencia.

En agosto de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Las Palmas. Foi titular na maioría de partidos do club canario durante as seguintes dúas campañas, nas que tivo como adestradores a Pepe Mel e García Pimienta, e tivo un papel decisivo no ascenso á Primeira División que o equipo conseguiu en 2023. Na 2023/24, xa en Primeira, apenas contou con oportunidades, participando só en cinco partidos de liga e tres da Copa do Rei.

O 5 de agosto de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Segunda División. Na súa primeira tempada no club galego sufriu numerosos problemas musculares e custoulle conseguir ritmo ao regresar aos terreos de xogo. Pechou a tempada 2024/25 con 25 partidos disputados, 14 deles como titular. Ao remate da campaña anunciouse a rescisión do seu contrato.

Despois de máis de medio ano sen equipo, en marzo de 2026 asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira Federación.

Selección nacional O 9 de outubro de 2020 debutou coa selección da República Democrática do Congo, nun partido amigable ante Burkina Faso. En decembro de 2023 foi incluído por Sébastien Desabre na lista final de 24 futbolistas da selección congolesa para a Copa de África de Nacións de 2023. Disputou dous partidos no torneo, no que o seu equipo acabou en cuarta posición.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de Copa da Liga de Francia e promoción de ascenso a Primeira División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesReims2014/15Ligue 17010--802015/16Ligue 11301011150Total club2002010230Reims B2016/17Championnat National 2120----120Red Star2017/18Championnat National21020102402018/19Ligue 227030--300Total club4805010540Elche2019/20Segunda180304-2502020/21Primeira20020--220Total club3805040470Las Palmas2021/22Segunda28000203002022/23Segunda30010--3102023/24Primeira5030--80Total club6304020690Deportivo da Coruña2024/25Segunda25000--250Total carreira2060160802300

Notas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no departamento de Yvelines Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas da República Democrática do Congo Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do Stade de Reims Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores da selección de fútbol da República Democrática do Congo