Substance (tamén coñecido como Substance 1987) é un álbum recompilatorio da banda inglesa de rock New Order, publicado o 17 de agosto de 1987 a través do selo Factory Records. O álbum recompila todos os sinxelos da banda ata ese momento nas súas versións de 12 polgadas, xunto coas súas respectivas caras b. Tamén aparece o sinxelo sen álbum "True Faith", que foi lanzado nese momento, xunto coa súa cara b "1963" e as novas versións de "Temptation" e "Confusion".

Substance foi lanzado como un LP dobre (12 pistas), un CD dobre (24 pistas), un casete dobre (24 ou 28 pistas), un casete único (12 pistas) nos Estados Unidos, e un DAT (24 pistas). Vendeu máis dun millón de copias e converteuse no álbum máis popular e aclamado pola crítica de New Order.

É o complemento dunhare compilación de sinxelos semellantes da banda predecesora de New Order, Joy Division, tamén titulada Substance.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Recompilatorios de Factory Records Categoría:Recompilatorios de 1987 Categoría:Álbums de New Order