O quitosano é un polisacárido catiónico producido mediante a desacetilación da quitina, un polisacárido que se atopa no exoesqueleto dos crustáceos e dalgúns outros invertebrados e fungos, mediante un proceso de alcalinización a altas temperaturas.

Nomes O quitosano, tamén é chamado quitosana, e en inglés e castelán é comercializado como chitosan e chitosán. O termo provén do grego χιτών, chiton, que significa 'túnica' ou 'envoltura', referíndose á súa estrutura envolvente dos organismos dos que se extrae.

Tamén é coñecido cientificamente como poliglusam, de poli-(1,4)-β-D-glucosamina, sendo un polímero de glicosamina.

Usos O quitosano é apreciado nas industrias farmacéutica, médica e ambiental debido ás súas propiedades biodegradables, biocompatibles e antimicrobianas, que o fan adecuado para múltiples aplicacións, dende tratamentos médicos até a purificación de auga.

É utilizado na cicatrización de feridas, na eliminación de proteínas alérxicas dos alimentos, na liberación controlada de fármacos (nanopartículas) e como complemento alimenticio con efecto hipocolesterolémico.

A súa acción contra a obesidade aínda se discute na literatura e pode actuar de dúas formas:

Complexación con lípidos no tracto intestinal, sendo eliminado a través das feces. Atraso na acción das lipases dixestivas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Folha Ciência: Xaponeses crean unha membrana ultrafina para cubrir os órganos lesionados

Categoría:Pesticidas Categoría:Polisacáridos