María del Carmen Rey Núñez, nada en Mazaricos o 11 de marzo de 1961, é unha escritora galega.
Traxectoria Foi gandeira antes de ser escritora.
En 2017 publicou a súa primeira novela, Escapados, que narra a historia dos mozos Pepe e Roque que escapan da casa para non iren á guerra civil. En Mulleres (2018) conta as vidas de varias mulleres que loitan e que se opoñen ao que o destino lles quere deparar. As arelas de Mariña (2023) a protagonista é unha nena que non coñeceu os pais, adora a avoa e está nun colexio de monxas. Favonio (2023) é un burriño que vive nunha granxa xestionada por un home moi malo que, cando algo lle sae mal, a emprende a golpes cos animais. A nai anima o burro a que vaia á procura da Fraga Encantada, lugar onde ningún animal é maltratado. Esconxuros para un rei (2024) é unha novela doada de ler, con algo de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara unha novela histórica, na que autora presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.
Obras Escapados (2017). Noia: Toxosoutos. 333 páxs. ISBN 978-84-946837-1-8.
Mulleres (2018). Noia: Toxosoutos. 290 páxs. ISBN 978-84-948966-5-1. Favonio (2023). Noia: Toxosoutos. 40 páxs. ISBN 978-84-126701-5-8. Infantil. Esconxuros para un rei (2024). A Coruña: Baía Ed. 336 páxs. ISBN 978-84-9995-452-3.
Infanto-xuvenil As arelas de Mariña (2023). Noia: Toxosoutos. 125 páxs. ISBN 9788412703931. Novela.
Lúa e o paxaro (2024). Toxosoutos. 41 páxs. ISBN 978-84-128986-8-2.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Mazaricos