dereita|miniatura|Ventá trilobulada na igrexa de Santalla.

dereita|miniatura|Xenética Fontao. Santalla de Esperante é unha parroquia do concello de Lugo. Segundo o censo municipal en 2014 tiña 211 habitantes (96 homes e 115 mulleres). Ten seis núcleos de poboación.

Economía Tradicionalmente foi unha parroquia dedicada á agricultura e á gandería. Esta actividade foi evolucionando cara a produción leiteira, da que na actualidade tan só quedan tres explotacións. Parte da poboación complementa a agricultura de autoconsumo (fundamentalmente de horta) con outro tipo de traballos, por conta propia ou allea.

Na aldea de Fontao está o Centro de Selección e Reprodución de Galicia de Xenética Fontao, que é o principal centro de mellora xenética das razas vaca frisoa e rubia galega en España.

Patrimonio A igrexa de Santalla de Esperante, dedicada a Baia de Mérida, ten dúas columnas corintias e dous miliarios romanos. En 2025 descubriuse ademais na ábsida unha ventá trilobulada de estilo prerrománico.

Lugares e parroquias Lugares de Esperante

Parroquias de Lugo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lugo Arquitectura prerrománica en Galicia

Categoría:Parroquias de Lugo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla