A estrada comarcal C-552 foi unha vía de comunicación que ía desde A Coruña até Fisterra, ao longo de 108,264 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi traspasado á actual estrada AC-552 e AC-445 polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).
Percorrido Iníciase no parque empresarial da Grela na Coruña e finaliza en Fisterra. Da Coruña a Cee, é a actual estrada AC-552 e de Cee a Fisterra é a actual estrada AC-445.
Notas
Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes