Café Bleu é o primeiro álbum oficial da banda inglesa de pop The Style Council, publicado o 16 de marzo de 1984 a través do selo Polydor Records. O disco foi producido por Paul Weller con Peter Wilson. Seguiu a catro sinxelos que non estaban en ningún álbum no Reino Unido, publicándose os tres primeiros (e as súas caras b) como o álbum Introducing The Style Council en América do Norte, Australasia, Xapón e algúns países europeos. O álbum gravouse principalmente nos Solid Bond Studios (propiedade de Weller), agás as cordas que foron gravadas na CBS."Interview with Peter Wilson (Producer: Café-Bleu)". Home Studio Recording. Vol. 1, no. 9. Xuño de 1984. p. 30
Café Bleu incluíu un gran número de músicos extra, coñecidos como "Conselleiros Honorarios", e entre eles estaban Tracey Thorn e Ben Watt de Everything but the Girl. O álbum representou un gran cambio con respecto ao anterior grupo de Weller, The Jam, e cara á incorporación dos seus elementos favoritos de soul clásico, jazz e rap. O disco recibiu críticas mixtas no seu lanzamento, pero converteuse no maior éxito da banda na lista de álbums do Reino Unido, pasando 38 semanas na mesma. Os sinxelos "My Ever Changing Moods" e "You're the Best Thing" chegaron ao top 10 na lista de sinxelos do Reino Unido. A versión do sinxelo de "My Ever Changing Moods" é unha gravación diferente á versión do álbum.
Café Bleu pasou a chamarse My Ever Changing Moods nos Estados Unidos para capitalizar o éxito do sinxelo do mesmo nome, e presentaba unha lista de cancións lixeiramente diferente.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Style Council Categoría:Álbums musicais de 1984 Categoría:Álbums de Polydor Records