Verán en Louisiana (en ) é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Robert Mulligan. Foi o derradeiro filme dirixido por Mulligan. O guión escribiuno Jenny Wingfield e está protagonizado por Reese Witherspoon, no seu debut no cinema, Sam Waterston, Tess Harper, Emily Warfield e Jason London. O filme recibiu a aclamación da crítica, formando parte na lista dos 10 mellores filmes de 1991 de Roger Ebert.
Sinopse A historia do filme, ambientada na Luisiana rural da década de 1950, céntrase en Dani (Witherspoon), unha nena marimacho de 14 anos que experimenta o primeiro amor e desamor cando o mozo Court (Jason London) se muda ao lado.
Personaxes
Sam Waterston como Matthew Trant Tess Harper como Abigail Trant Gail Strickland como Marie Foster Reese Witherspoon como Danielle "Dani" Trant Jason London como Court Foster Emily Warfield como Maureen Trant Bentley Mitchum como Billy Sanders Ernie Lively como Will Sanders Dennis Letts como Doc White Earleen Bergeron como Eileen Sanders Anna Chappell como Mrs. Taylor Brandi e Sandi Smith como Missy Trant Derek e Spencer Ball como xemelgos Foster
Notas
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Mulligan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego