Rust in Peace é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de thrash metal Megadeth, publicado o 24 de setembro de 1990 a través do selo Capitol Records. Foi o primeiro álbum do grupo que contou co guitarrista Marty Friedman e o batería Nick Menza. As cancións "Hangar 18" e "Holy Wars... The Punishment Due" foron lanzadas como sinxelos. En 2004 lanzouse unha versión remesturada e remasterizada do álbum con catro cancións extra.
Desde o seu lanzamento, Rust in Peace foi nomeado a miúdo como un dos mellores discos de thrash metal de todos os tempos por publicacións como Decibel e Kerrang!, e aparece no libro de referencia 1001 Albums You Must Hear Before You Die. O álbum foi nomeado ao Grammy á mellor interpretación de metal na 33ª edición dos premios. No Foundations Forum de 1991, o álbum recibiu un premio Concrete Foundations por "Top Radio Album" e o sinxelo "Hangar 18" gañou o premio "Top Radio Cut"."Raw: Awards ". Concreteplanet.com. Novembro de 1991
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Dave Mustaine, agás onde se indique.
Notas
Categoría:Álbums de Megadeth Categoría:Álbums musicais de 1990 Categoría:Álbums producidos por Mike Clink Categoría:Álbums de Capitol Records