Claudio Guerín Hill, nado en Sevilla en 1939 e finado en Noia o 16 de febreiro de 1973,Nova do traslado a Madrid dos restos mortais de Claudio Guerín en ABC de Sevilla, 18 de febreiro de 1973 . foi un produtor, guionista e director de cinema español.

Traxectoria

Formación académica Guerín pasou a súa infancia e adolescencia en Alcalá de Guadaíra, Sevilla. Formouse na Escola Oficial de Cinema, en Madrid, onde salientou como un alumno brillante obtendo a titulación oficial de dirección de cinema. Durante a súa etapa de formación na escola colaborou na revista Nuestro Cine, de orientación marxista, e comezou unha relación sentimental coa daquela compañeira de estudos Pilar Miró. Como proxecto de fin de carreira, Guerin dirixiu (coas futuras directoras Josefina Molina e Pilar Miró como axudante de dirección e script, respectivamente) unha mediometraxe titulada Luciano, un relato de crimes inspirado nun suceso real e co que obtería a titulación oficial.

Carreira cinematográfica En 1968 realiza o filme Los desafíos producido por Elías Querejeta. A cinta é un drama de 102 minutos de duración onde se mostran tres distintas formas de ver e de expresar como unha situación que parece normal remata desembocando inexorablemente nun estalido de violencia. Un pai que teme perder á súa filla. Un marido que se sente enganado. Un viaxeiro que decide que a súa viaxe e a dos seus compañeiros non ten por que continuar. Con Paco Rabal, Alfredo Mayo e Ismael Merlo, entre outros.Ficha de Los desafíos en inglés e en español en Internet Movie Database.

En 1971 dirixe un drama con produción hispano-italiana, La casa de las palomas, coas actrices Ornella Muti e Lucía Bosé.Ficha de La casa de las palomas en inglés e en español en Internet Movie Database.

No ano 1973 produciu e dirixiu o que sería o seu derradeiro filme, unha coprodución hispano-francesa La campana del infierno (La cloche de l'enfer en Francia), do xénero de terror. Narra como un interno do asilo (Renaud Verley) castiga a súa tía (Viveca Lindfors) e as súas tres fillas, con abellas e ganchos. Conta coa participación de Alfredo Mayo entre outros.Ficha de La campana del infierno en inglés e en español en Internet Movie Database.

En 2018, o cineasta andaluz Jesús Ponce dirixiu o documental titulado La última toma sobre a súa figura, no cal entrevista a múltiples actores e técnicos relacionados coa súa obra.

Morte

dereita|miniatura|Fachada da igrexa de San Martiño de Noia. Morreu nun accidente durante a rodaxe de La campana del infierno. Na igrexa de San Martiño de Noia construíuse unha segunda torre-campanario, unida á real por un pasadizo de madeira. Preparando un plano complicado, Guerín quixo saltar dende o pasadizo a un beiril da igrexa, pero perdeu o equilibrio e caeu ao baleiro dende vinte metros de altura; morreu antes de chegar ao hospital. Juan Antonio Bardem completou a filmación da última secuencia que faltaba.Manuel Rojas: Arte fotográfico (1977), citado en

Filmografía Luciano (1965) Los desafíos (1969) La casa de las palomas (1972) La campana del infierno (1973)

Premios e distincións Festival Internacional de Cine de Donostia AnoCategoríaFilmeResultado 1969Premios del 1969 na web do Festival de San Sebastián Cuncha de Prata á mellor dirección Los desafíos

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos AnoCategoríaFilmeResultado1969Mellor guiónLos desafíos

Notas

Véxase tamén Bibliografía UTRERA, Rafael, Claudio Guerin Hill: obra audiovisual, radio, prensa, televisión, cine, Sevilla, 1991.

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Finados en 1973 Categoría:Guionistas de España Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Produtores de cinema de España