O Castro de Orosa ou Castro de Vilapedre é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de San Mamede de Vilapedre, no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición Atópase a uns 521 metros de altitude a carón da igrexa da parroquia, e as súas dimensión son de 130x93 metros. No presente está ocupado por terras agrículas e carballeiras. Deste castro só se conserva unha parte. Ten un parapeto e na parte norte un foxo e un segundo parapeto. O parapeto principal ten unha altura de dous a catro metros e unha anchura de dez metros.

Arqueoloxía Atopouse un ídolo antropomorfa que algúns autores atribúen ao deus Hermes e anacos de cerámica da época romana.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Bibliografía RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Orosa