Jean Moulin, nado en Béziers o 20 de xuño de 1899 e finado en Metz o 8 de xullo de 1943 foi un heroe da resistencia francesa. Durante a Segunda guerra mundial encargouse polo xeneral Charles de Gaulle de unificar os movementos de resistencia contra a ocupación alemá dos nazis en Francia.

Carreira Moulin iniciou a súa carreira na administración pública, destacándose como oalcalde máis novo no departamento de Aveyron. Durante a ocupación alemá en 1940, rexeitou as presións para asinar un documento que acusaba as tropas francesas de atrocidades, o que levou á súa destitución e a súa fuga a Londres a finais de 1941.

Na capital británica, foi nomeado delegado pola zona non ocupada de Francia para organizar a resistencia. A súa tarefa culminou coa creación do Consello Nacional da Resistência en maio de 1943, do que foi o primeiro presidente.

Ese mesmo ano, foi capturado pola Gestapo en Caluire e levado á prisión de Montluc, onde foi interrogado e torturado. A pesar da súa resistencia a fornecer información, foi transferido a Alemaña, onde morreu durante a viaxe, no verán de 1943.

Desde 1964, un memorial en lembranza de Moulin atópase no Panteón de París, aínda que os seus restos mortais nunca foron encontrados.

Véxase tamén

Bibliografía

Baynac, Jacques. Les secrets de l'affaire Jean Moulin: Contexte, Causes Et Circonstances. Seuil: París, 1998. ISBN 2-02-033164-0 Clinton, Alan. Jean Moulin, 1899-1943: the French Resistance and the Republic. Palgrave: Nova York, 2002. ISBN 978-0-333-76486-2 Daniel Cordier. Jean Moulin. La République des catacombes. Gallimard: París, 1999. ISBN 2-07-074312-8 Hardy, René. Derniers

Categoría:Persoas desaparecidas Categoría:Políticos de Francia Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en 1899 Categoría:Resistencia durante a segunda guerra mundial