O castro de Vixil, tamén coñecido como castro de Cunca de Vixil, é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Boizán, no concello lucense de Vilalba. O castro data dos séculos -II e -I. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Accédese ao castro pola N-634 en dirección Baamonde ata o lugar de Alto de Vixil. Dende alí chégase ó castro xirando á dereita.

Descrición Atópase nun zona costenta. Mide 96 metros no eixo norte-sur e 114 no eixo leste-oeste. A súa área é de 4460 m². Ten forma oval cun único parapeto defensivo de 4 metros de alto e 13,5 metros de anchura media. O parapeto está reforzado por un foxo no sueste.

Arqueoloxía Descubríronse restos de cerámica (con decoracións moi variadas), materiais de pedra e de metal. Non se documentan materiais romanos. Os restos atópanse expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Conservación Na década de 1970 abriuse unha canteira no seu interior, o cal destruíu o parapeto sur e deixou ao descuberto varias estruturas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Bibliografía RAMIL REGO, Eduardo (1997). El castro de Vixil (Vilalba, Lugo). Estudio de materiales y nuevas perspectivas. Férvedes, 4. RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Vixil