thumb|dereita|Imaxe dunha caixoneira branca. Unha caixoneira é un móbel que está composto na súa totalidade por caixóns que se utilizan para gardar roupa, xoguetes ou outros obxectos.
As caixoneiras son móbeis moi ben aproveitados pois destinan a maior parte do espazo dispoñíbel á súa función principal que é a de conter obxectos. Polo xeral, están formadas por unha estrutura sinxela de madeira ou aglomerado de marco estreito, cuxa única función é a de conter un alto número de caixóns. Non adoitan ter patas ou as teñen moi baixas, cubrindo estas toda a superficie frontal do móbel e chegando a niveis próximos ao chan.
As caixoneiras son móbeis habituais nos cuartos infantís onde poden decorarse con cenefas estampadas ou pintarse de rechamantes cores. Tamén serven para aproveitar espazos mortos ou con pouca utilidade como os que se atopan debaixo dunha escaleira ou detrás dunha porta de acceso.Aprovechar el espacio debajo de una escalera. Decoracion2.com.
Chámase caixoneira tamén á peza situada no interior do armario que está formada por caixóns nos que se gardan as pezas e complementos de vestir de menor tamaño. Adoitan chegar a media altura e sobre ela colócanse baldas ou perchas e utilízanse como soporte para apoiar outras pezas de vestir.Cajoneras para el interior del armario. www.opendeco.es.
Notas
Categoría:Mobiliario