O castro de Lodeiro ou castro da Torre, é un castro situado no lugar de Penadrade, na parroquia da Torre, no concello lucense de Vilalba. Tamén se coñece co nome de San Nicolás por mor dunha ermida construída preto de alí. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).
Descrición Atópase a unha altitude de 495 metros sobre o nivel do mar, a carón da igrexa parroquial e sobre un outeiro. A planta é circular e conta cun só muro defensivo de 8 metros de ancho e entre 2 e 3 metros de altura.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Bibliografía RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.
Lodeiro