Pedro Rodríguez Villar, nado en Nigrán o 1 de novembro de 1996, é un xornalista, guionista e escritor galego.
Traxectoria
Neto de mariñeiro, vive entre o xornalismo, o teatro, o cinema e os libros, e xa gañou varios premios literarios. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela fixo un mestrado de guión de cine e televisión coa Factoría del Guión de Madrid e ten o mestrado de Profesorado na USC.
É director de Teatro do Ar, responsable de comunicación na Asociación Érguete e xornalista en La Voz de Galicia, edición Vigo. Tamén é profesor e un dos creadores da Escola de Teatro Municipal de Nigrán.
En 2015 foi un dos tres galegos seleccionados para participar na Ruta Quetzal en Colombia por un relato inspirado na obra de Gabriel García Márquez.
Obras
O amor das pedras (2021). Porto: Edita - Me. 24 páxinas.- ISBN 978-989-743-112-8. Alén da néboa (2024). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-533-0. ePub: ISBN 978-84-1110-577-4.
Premios
2018: Gañador do premio a mellor guión orixinal no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. 2021: Premio Literario “Nortear” polo relato “O amor das pedras”. 2021: Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López co poemario “A onde miran as gaivotas”. 2022: Premio Lingua de Namorar. 2022: Primeiro premio no Concurso de Curtametraxes do Concello de Nigrán e Sogasex. 2022: Premio Inspiraciencia por A Ribeira do mexillón. 2023: Primeiro Premio de novela Xuventude Crea da Xunta de Galicia por Alén da néboa. 2023: Premios Provinciais da Deputación de Pontevedra á xuventude na especialidade de poesía e relato. 2023: Premio Xoán Diaz de Cambre, microteatro, pola obra Sete buratos. 2023: Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti pola reportaxe "Ese Vigo que se consume por las calles".
Notas
Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1996 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela