O castro de Nete é un castro situado na parroquia de Nete, no concello lucense de Vilalba.
Accédese ao castro logo de chegar á igrexa parroquial, logo cóllese á esquerda ata o lugar do Curro, e alí de novo á esquerda ata o lugar dos Castros.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Descrición Atópase nun outeiro e ten planta circular e un tamaño de 2.050 metros cadrados. Orixinalmente tiña tres murallas, mais só se conserva unha, a norte.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
Nete